Remataron con éxito as viaxes xacobeas en catamarán dende Pontecesures a Ribeira

09 Setembro 2021

O Concello de Ribeira vén de clausurar as viaxes de Ribeira fai Camiño, un programa de itinerarios turísticos en catamarán (polo esteiro do Ulla até a ría de Arousa) que con saída dende Pontecesures e chegada a Ribeira, comezaron no mes de xullo co propósito de promover e reivindicar o Camiño A Orixe e a Traslatio.

A actividade, que tiña por obxectivo “poñer en valor o patrimonio Xacobeo no seu percorrido así como a vinculación das localidades da ría de Arousa co mar”, concluíron cuns resultados “moi positivos”, en palabras do Concello.

En concreto, dende o Consistorio de Ribeira salientaron o “interese que espertou esta actividade nos peregrinos e que chegaron ata A Orixe grazas a esta actividade”.

Dende Roma

No seu balance, o Concello lembra que un dos peregrinos que decidiu facer a ruta Ribeira fai Camiño iniciara a súa andaina en 2017 xunto cun amigo, peregrinando en bicicleta dende Roma facendo 1.500 quilómetros ata Montpellier (Francia) percorrendo a Lazio, a Toscana, a Espezia, a Costa Azul ata Francia. O 6 de xullo deste ano deciden retomalo e rematalo. Comezaron onde o deixaron (Montpellier) e percorreron outros 1.500 km pola vía Tolosanna, Camiño Francés e Camiño de Inverno ata Santiago. Cando chegan a Santiago, descobren que existe un Camiño que acompaña por terra o itinerario que fixeron os restos do Apóstolo na barca de pedra e que remata en Corrubedo. Como todo peregrino, o Camiño non termina ata que xa non se pode continuar e por iso, un deles, decide continuar ata Corrubedo, finalizando o seu Camiño dende Roma en Corrubedo.

O peregrino quixo coñecer un pouco máis e embarcouse en Ribeira fai Camiño, quedando encantado coa actividade.

Tamén el como el diversas persoas de diferentes puntos do país decidiron vir a propósito para percorrer esta ruta no catamarán, e así coñecer Ribeira e o Camiño A Orixe.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

Maricarmen tiene 87 años y vive en la misma casa desde 1956, cuando su padre firmó un contrato de alquiler. Ha pasado allí casi toda su vida. Con el paso del tiempo y las correspondientes subrogaciones familiares, terminó por convertirse en la última inquilina de una...

“Foro La Toja 2026: la travesía de la razón”. Alberto Barciela

“Foro La Toja 2026: la travesía de la razón”. Alberto Barciela

Despunta el otoño sobre la ría de Arousa con una claridad de plata vieja y salitre, mudando los pinares de la isla de A Toxa en un mirador de sosiego donde la Galicia más atlántica y liberal renueva su vocación de encuentro. En este umbral de octubre, cuando la brisa...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.