Raquel Queizás e os seus contos pola igualdade chegan este venres a Boiro

07 Setembro 2021

A contadora, escritora e actriz Raquel Queizás vai estar este 10 de setembro en Boiro para ofrecer un espectáculo directamente encamiñado a fortalecer o espírito libre e creativo que todas as nosas crianzas levan dentro. Trátase do espectáculo Dámoslle volta ao conto! A cita será ás 20.00 horas no Lavadoiro da Boliña. Está destinado a público infantil e familiar. A capacidade será limitada por mor da COVID e a reserva de entradas deberá facerse na web municipal dende dous días antes da función.

O espectáculo, amais dunha reivindicación da igualdade e da diversidade, é unha homenaxe da autora á súa avoa, que “con 14 aniños xa gañaba para manter á familia, que non foi á escola e que ao chegar a noitiña montaba na burra para atravesar a raia seca e voltar cargadiña de café, aceite, sabas,… de Portugal”. Da súa boca aprendeu Raquel Queizás contos descoñecidos, “de mulleres donas do seu destino e de homes que se liberan da máscara da masculinidade e permítense mostrar a súa sensibilidade”.

Dámoslle volta ao conto xunta contos tradicionais de diferentes culturas e historias de vida, con obxectos e monicreques. Está especialmente dirixido para nenas e nenos a partir de 3 anos e familias.

Outros artigos

As festas de Santa Cruz de Lesón celebraranse do 11 ao 15 de setembro

A parroquia de Santa Cruz de Lesón (A Pobra) celebrará do 11 ao 15 de setembro as festas na honra do Santísimo, cun programa que reúne música, actividades para o público infantil, gastronomía e os tradicionais actos relixiosos. O venres 11 dará comezo a programación...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“De momento… no es así…”. José Fernández Lago

“De momento… no es así…”. José Fernández Lago

Puedo continuar afirmándolo porque lo veo con toda claridad, después de haber estado siempre atento a lo que sucedía. Sí, aunque otros de quienes cabría esperar que estuvieran comprometidos en ello no hayan respondido adecuadamente, yo he estado siempre inmerso en lo...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.