“Qué non te calen, fala galego”. Antón Luaces

29 Setembro 2021

Pode soar a imposición. De feito, seica máis dun lector, pola simple sinatura de quen, supostamente, botou man do grafitti (Galiza Nova) para realizar esa recomendación-orde, nen siquera terá en conta a mesma. Nen a valorará. Pero estoutro día  tiven a oportunidade de recibir un guasap no que unha meniña que xogaba cunha tablet empregaba deliciosamente ben o idioma galego mentres que a outra voz que surxía da maquiniña, unha voz feminina de maior idade se expresaba en castelán-castellano. Nun momento determinado, a meniña dicíalle á suposta señora ou señorita que lle “falaba”, que non a entendía porque ela, a cativiña, falaba en galego.

Ben sei que é tontada, unha brincadeira, pero abofé que me sentou ben ese diálogo ben levado entre unha falante galega e outra castellana. Esta, dicindo que non entendía o que a cativa lle dicía, e a meniña, con toda a naturalidade do mundo e sen balbordo de ningunha caste xustificando a falta de comprensión no feito de que ela, a nena, falaba galego.

Unha rúa coruñesa -a Posse- situada perto do parque Europa ten un valo no que Galiza Nova (ou alguén no seu nome) realizou vai algún tempo unha pintada na que se expresa como o titular deste artigo: “Que non te calen. Fala galego”.

Non sei cantos, pero estou moi seguro de que son moitos os que se sinten incómodos con esa especie de imposición que eu, particularemente, entendo coma unha recomendación, invitación, a usar a língua propia desta terra que, neste caso, tamén é a língua na que me expreso aquí (e sen que renuncie a me expresar en castelán-castellano noutros medios, cando me pete ou, simplemente, cando alguén me fala na língua para algúns “española”). 

Meus pais falaban entreles en galego. A nós, os seus catro fillos, educáronnos en castelán (viviamos nas Palmas de Gran Canaria e cando retornamos a Galicia, eramos un pouco ou un moito a atración nas aldeas de meus avós: Landoi e A pedra, do mesmo xeito que o eramos en Cariño porque ninguén falaba castelán-castellano-canario  e, en moitos casos, cando tentaban facelo era doado escoitar que bebían por unha “boteja” e que coa palla facía “pajeros”. Engado: eran os anos 50 do século pasado e para min, daquela, “boteja” ou “pajero” non eran outra cousa que un xeito distintos de dicir “botella” e “palleiro” . 

Case que 70 anos despois a anécdota -que non ten relevancia- sí cobra en quen isto escribe unha importancia substancial porque, no momento, na circunstancia en que o galego como idioma ten os máis importantes e amplos medios de divulgación e espallamento para o seu uso, disque se atopa nos máis baixos índices de utilización pola veciñanza galega.

A min non mo parece -velaí o exemplo da cativiña da tablet- : hoxendía estúdase o galego nas escolas, os rapaces han superar necesariamente probas de coñecemento do galego, o galego é de uso obrigado nas dependencias oficiais, emprégase nos medios de comunicación… Nos anos 60, a policía franquista controlaba o acceso -fora das horas escolares  oficiais- dos que asistiamos a clases de galego (un tal que clandestinas) no instituto Eusebio da Guarda da Coruña. Talvez por este feito da persecución, sumado ao teu interese por coñecer un idioma que non falabas nunha terra, Galicia, que era e segue a ser a túa e ao afán que no espallamento desta língua poñía a asociaciòn cultural “O Facho” que programaba o curso, se daban todas as condicións para que o galego fose algo máis que ter escoitado a teus pais en Canarias falar entreles cousas que non entendías. E xa non digo nada cando viñan á nosa casa amigos deles, de meus pais, que residían no Porto da Luz e todo era un bule bule do que o único que entendías era a verba “cebola”.

Pois sí: Fala galego, que non ten calen. Se no franquismo non poideron, agora que tes a liberdade de poderte expresar no idioma que te pareza, fala, se queres, en galego. Exprésate na túa língua nai ou adoptada, se che parece; corresponde coa túa terra, fai que non se perda a nosa fermosísima fala. Que non te calen os condicionantes. Porque ser galego e algo máis que ser nado en Galicia: ten conciencia de galego, que non te calen como nos calaron -ou tentaron calarnos- a nós, aos da miña xeración, as anteriores e posteriores. O galego, como medio de expresión está hoxendía en todas as canles comunicacionais. Sendo así, que non nos calen, que non se diga que non falamos galego porque hai unha certa represión contra el coma idioma. Non o admitas. É cousa nosa e temos ás costas toda unha alba de groria que nos marca con Castelao o camiño a seguir. 

Son abando maior como para pedir que NON TE CALEN: FALA GALEGO. Por tí, polos teus, por todos. 

Outros artigos

“Plan de Rescate da Sanidade Pública Galega”. Xosé Mª Dios Diz

“As listas de agarda constitúen unha das formas máis sofisticadas de crueldade. Son producto dun Sistema que intentaatender a todos con recursos cos que so se pode atender a algúns”. Juan José Millás: escritor. Valencia. 1946.Esta reflexión nos indica que os...

+

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.