“Os mares de Galicia, atractivo para os escualos e cetáceos”. Antón Luaces

30 Setembro 2021

Cando as autoridades aeroportuarias españolas recurtan as espectativas de futuro para os tres aerodromos galegos significando que eses recurtamentos veñen impostos polas potencialidades do aeoroporto de Porto (Portugal) e a próxima imprantación na Comunidade galega dos servizos do tren AVE, vellos visitantes mariños case que arrumban nas costas do noroeste español creando grande curiosidade entre propios e alleos.

Por aquí son cotiáns as visitas dos arroaces, tanto como o eran no Atlántico as toniñas, irmáns menores deses antigos compañeiros que chegaban e aínda chegan ás rías na percura de peixe que engulir, especialmente sardiña. Houbo un tempo no que a xente de mar consideraba aos arroaces como un dos seus enimigos potenciais por canto a cantidade de peixe que engulen é moi significada e, peixe que come un arroaz, peixe que perde o mariñeiro.

De cando en veces era avistado na costa atlántica -moi especialmente perto da de Ferrol- algún que outro escualo, entre estes a quenlla, especie obxectivo para determinados barcos pesqueiros e que hoxe son subhastadas en moitas lonxas de Galicia. Pero nos últimos días chamou a atención o avistamento perto do porto exterior de Punta Langosteira (Arteixo) unha quenlla de cinco metros de lonxitude  -popularmente coñecida como “tiburón blanco”- especie cuxa aparición nos mares do planeta Terra se sitúa 16 millóns de anos atrás, aló polo Mioceno. As actuais derivan -din algúns biólogos- do Carcharodon megalodon. xigantesca quenlla prehistórica que a xente do cine recuperou para facer caixa e meter medo entre peito e costas. Outros expertos apuntan ao mako, do xénero Isurus, como o antecedenjte da quenlla branca. Sexa como for, esta quenlla branca de Punta Langosteira veu ocupar as páxinas dos xornais e os boletíns informativos de radio e televisións galegas a falta de buques que signifiquen un acontecemento nun porto, o de Punta Langosteira, so utilizado moi de vez en cando. É dicir: a falta de buques mercantes, benvidas as quenllas brancas a unhas augas máis cálidas do que o eran ata o de agora que se producen cambios asignados á modificación climatolóxica mundial. Será este o motivo polo que esas xigantescas quenllas acoden ás costas galegas, ou será a abundancia nestas de peixe que a Unión Europea non permite que pesquen os nosos barcos na plataforma costeira desta zona noroeste da península Ibérica?.

Xunto coas toniñas e arroaces, nos últimos anos retornaron ás que foron as súas augas distintos membros da ampla familia dos cetáceos: as baleas e os cachalotes, avistados tamén perto das costas galegas, do mesmo xeito que se localizaron nestas augas as xa populares candorcas (orcas), pouco amigas das embarcacións deportivas coas que se di interactúan pero causando a veces importantes sustos e mesmo danos.

Volven ás que foron as súas augas, inflúe o cambio climático neste retorno?. Que é o que fai que a presencia destes grandes animais mariños sexa hoxendía tan cotián?. Sendo un atractivo, resulta que non resultan grata compaña para os mariñeiros que, en ocasións, ven neles seres molestos que lles impiden pescar o pouco que a Unión Europea lles permite.

Outros artigos

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

+

“Xosé López, un premio Diego Bernal magistral”. Alberto Barciela

Le conocí en sus andanzas en La Voz de Galicia, le seguí en sus avatares en la Facultad de Comunicación de Santiago -en una carrera muy paralela a la de Margarita Ledo o Paco Campos-, colaboré con él de forma breve en sus trabajos para el Consello da Cultura galega,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

Ricardo de la Cierva publicó en los años ochenta el opúsculo titulado Cómo ampliar micultura. ¿Qué puedo hacer?, que escribió con el objetivo de ofrecer una guía prácticapara construir una cultura personal que no consiste solo en adquirir conocimientos, sinoen...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.