O segundo Foro de Alfombrismo de Galicia reunirá en Rianxo artesáns de todos os recantos da nosa terra

29 Setembro 2021

Este sábado 2 de outubro vaise celebrar en Rianxo a segunda edición do Foro de Alfombrismo de Galicia e Patrimonio Inmaterial, co-organizado pola asociación local Ondiñas Mainas en colaboración co Concello. As actividades desenvolveranse durante toda a xornada no Pazo de Rianxiño, aínda que a partir das 18.00 horas está previsto o encontro en si mesmo de artesáns (pola mañá haberá un obradoiro colectivo onde traballarán alfombristas de diversos recantos de Galicia creando unha obra temática).

Pola tarde haberá dúas conferencias e nelas participará Rafa Quintiá, abordando a relevancia de preservar o patrimonio inmaterial, e máis Carmen Santos, que afondará no alfombrismo dende un punto de vista sustentábel.

Tamén está prevista unha actuación do grupo local Barahúnda.

Participarán presencialmente, no encontro de artesáns, preto de medio cento de creadoras e creadores de toda Galicia, incluídos boa parte dos concellos da nosa contorna. Por outra banda, está programado conectar a través de streaming con artesáns doutros recunchos de España e de países como Portugal, México ou Italia.

Ao abeiro deste evento, celebrarase unha exposición na Biblioteca Municipal de Rianxo sobre o alfombrismo na nosa terra. A mostra desenvolverase entre o 4 e o 17 de outubro.

A primeira entrega deste foro celebrouse o ano pasado en Bueu, en por cen en liña, e nela achegaron conferencias a noiesa Ana Filgueiras Rei e o rianxeiro Carlos Henrique Fernández Coto.

Para máis información sobre a nova entrega, cómpre visitar o Facebook de Ondiñas Mainas, onde se está subministrar completa información sobre o programa de actividades.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Mis últimas cartas” – Manuel Domínguez III

“Mis últimas cartas” – Manuel Domínguez III

Mis últimas cartas fueron dirigidas a tres personas. El senador Bernie Sanders, acabo de recibir su biografía 540 páginas de lucha por una sociedad más justa, y lleva así una vida entera. Le he mostrado mi admiración, y animarle a que no desfallezca en esa lucha, él...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.