O secretario xeral de Industria e PEME louva en Boiro o empuxe das súas empresas

14 Setembro 2021

O secretario xeral de Industria e Pequena e Mediana Empresa do Ministerio de Industria, Consumo e Turismo, Raúl Blanco Díaz, visitou este 14 de setembro o concello de Boiro para coñecer de primeira man as liñas de traballo do equipo de Goberno local en materia produtiva e empresarial. Á súa chegada foi recibido polo alcalde, José Ramón Romero, e o tenente de alcalde, Luis Ruiz. Amais, acudiu acompañado da subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas.

O alcalde expúxolle algúns dos proxectos polos que o Concello de Boiro quere apostar e adiantoulle as liñas de traballo no ámbito industrial para o desenvolvemento da localidade: “Boiro é unha localidade moi dinámica e con moitas inquedanzas en materia empresarial e que ten moitas posibilidades de progreso”, afirmou o rexedor.

Durante a visita, o secretario xeral de Industria e PEME puxo en valor o sector produtivo local e eloxiou a súa importancia, que “vai moito máis alá do estritamente económico, xa que o seu valor social, cultural e territorial é moito máis amplo”. Raúl Blanco mostrou o seu compromiso co “traballo conxunto en proxectos de futuro para Boiro e para a súa industria”.

Outros artigos

Boiro acolleu unha nova edición do encontro Xeografía Empresarial

A Asociación Boirense de Empresas (ABE) acolleu este venres 9 de outubro un novo encontro do proxecto Xeografía Empresarial, que reuniu en formato almorzo e con aforo completo a representantes de 55 empresas para reflexionar sobre o presente e o futuro da industria e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.