O Rotogal Boiro Voleibol loitará pola Copa Galicia pasadomañá en San Sadurniño

24 Setembro 2021

A edición número 38 da Copa Galicia masculina dispútase pasadomañá (domingo 26 de setembro) en San Sadurniño. O Rotogal Boiro Voleibol iniciará o camiño cara ao título autonómico cun enfrontamento ante o anfitrión Aldebarán San Sadurniño ás 12.00 horas. A outra semifinal xogarana o Emevé, vixente campión, e o Dumbría ao dez da mañá. Os gañadores de ambas as cruces mediranse ao sete da tarde na final, dúas horas despois de que arrinque o choque polo terceiro e cuarto posto.

Marcelo “Chino” Benavídez, adestrador do Rotogal Boiro Voleibol, afirma que “o equipo chega á Copa Galicia moito mellor que a semana pasada, xa temos unha boa carga de adestramento e física sobre case todos os xogadores, así que estamos a esperar ansiosos o domingo para poder debutar nun partido oficial e ver para que estamos preparados”.

O Rotogal comparece no torneo autonómico despois de medirse en dúas ocasións, con resultado adverso, ao Emevé de Lugo. No entanto, Marcelo réstalle importancia a este acontecemento de pretemporada e engade: “Foi unha fase baseada na preparación física e técnico-táctica. O importante será a partir deste fin de semana para ver como rende o equipo co cadro de persoal ao completo”.

O adestrador apuntou que está previsto que o oposto José Carlos Romero se incorpore este 24 de setembro ao Rotogal Boiro Voleibol. “Seguramente adestrará hoxe e mañá para ver se pode participar no partido do domingo”, avanzou o técnico arxentino.

A maiores de todo o devandito, o club informou de que o Rotogal Boiro Voleibol debutará na superliga masculina o sábado 2 de outubro na cancha do Guaguas, o vixente campión da competición. Antes desa cita, o equipo de Marcelo Benavídez podería disputar outro partido amistoso. “Despois da Copa Galicia, tentaremos atopar algún equipo preto da nosa zona para xogar antes de viaxar a Canarias, pero non é seguro”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...