O Parque Nacional das Illas Atlánticas reforzou o seu persoal este verán grazas á colaboración de Amicos

27 Setembro 2021

A asociación comarcal Amicos segue en primeira liña, nestes inicios do outono, en materia medioambiental. Segundo confirmou a dirección Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia, o seu persoal veuse reforzado este verán coa incorporación de dúas persoas con capacidades diversas da dita asociación que exerceron de auxiliares dos guías oficiais nos arquipélagos de Cíes e de Ons desde principios de xullo ata o pasado 15 de setembro.

Estas novas contratacións enmárcanse na liña de colaboración que manteñen desde hai varios anos o parque e a asociación con sedes en Boiro en Ribeira, que foi a encargada, precisamente, de impartir no mes de xuño un curso dirixido a este colectivo en materia de orientación e desenvolvemento no medio natural para que poidan exercer como auxiliares no sector turístico.

En concreto, as 12 persoas que participaron neste módulo —financiado pola Asociación Inserta Empleo da Fundación ONCE— recibiron un total de 100 horas de formación presencial, práctica e teórica. O obxectivo do curso foi facilitar aos alumnos unha capacitación profesional axeitada neste eido e, á vez, ofrecer a atención ocupacional e rehabilitadora que necesitan para poder acceder ao mercado de traballo en mellores condicións.

De feito, o Parque Nacional das Illas Atlánticas decidiu contratar a dúas das persoas que completaron este curso para traballar durante o verán en calidade de auxiliares de guías en Cíes e en Ons, onde tiveron ocasión de realizar nos últimos meses labores de ordenamento e control de visitantes, ofrecer información sobre os recursos existentes nas illas e asesorar e lembrar aos viaxeiros as medidas hixiénico-sanitarias de obrigado cumprimento en todo o espazo natural.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...