O mago Cayetano Lledó recala este domingo 19 en Lousame

19 Setembro 2021

A Casa da Cultura de Lousame acollerá o domingo 19 de setembro, ás 20:00 horas, o espectáculo de maxia cómica Le cirque de François Lafayette”, da man dun dos máis sobranceiros magos da nosa terra: Cayetano Lledó. Trátase, sinala o Concello, dunha obra de teatro e maxia para toda a familia que será de acceso gratuíto, previa reserva da entrada a través da plataforma www.bandoticket.com.

Le Cirque é un espectáculo inspirado tanto no teatro clásico como nas correntes actuais, pero cun enfoque innovador e característico de Cayetano Lledó. As persoas que asistan en Lousame descubrirán o mundo do circo baixo a visión fresca e renovada do home que revolucionou as artes circenses fusionadas coa maxia: François Lafayette. Un espectáculo que foi aclamado en múltiples cidades e vilas de todo o mundo, que rescatou o cabaré e que agora chega ao concello da nosa comarca.

O espectáculo suporá a volta de Cayetano Lledó a Lousame, onde ten realizado numerosas actuacións nos últimos anos pero onde non actuaba dende o pasado decembro de 2018. O espectáculo está organizado polo Concello de Lousame, en colaboración coa Deputación da Coruña.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.