O Festivalo de Manselle (Dodro) celébrase finalmente este sábado 2 de outubro

29 Setembro 2021

Finalmente, por mor das inclemencias meteorolóxicas que imperaron os días pasados na nosa terra, tivo que ser adiado o certame Festivalo de Dodro, unha das grandes citas culturais deste remate da tempada na nosa contorna. A organización tomou a decisión de trasladar a cita a este sábado 2 de outubro.

O programa mantense e incluirá as actuacións musicais de Secho (quen vén de lanzar un convite dende as redes sociais para achegarnos ao histórico Valo de Manselle, centro de operacións do festival) e Berlai. Será como dixemos en Manselle a partir das 21.00 horas. O festival conta co apoio da Deputación da Coruña e máis do Concello de Dodro.

Secho é un artista local que comezou a súa andaina co disco Xa fai un tempo (2016), publicado coa banda imaxinaria Os Invisibles. Estes meses está presentado Recuperar, que está a ter moi boa aceptación nas plataformas en liña (tal e como se desprende das reproducións obtidas en Youtube polo tema As sensacións)

Polo que respecta a Berlai, é o proxecto musical do artista compostelán Xiao Berlai, que nos vén de dar a coñecer un máis que interesante traballo discográfico xerado e madurado durante o confinamento pola COVID, Cas Berlai, chegado logo do éxito de pública e crítica do seu primeiro traballo, Desconhecido.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.