O espectáculo de danza DeMente chega a Rianxo este 2 de outubro

22 Setembro 2021

O vindeiro sábado 2 de outubro, ás 20.30 horas, a compañía de danza do bailarín Fran Sieira achégase á Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo co espectáculo DeMente. A entrada é gratuíta previa reserva de localidades na web municipal (preferentemente) ata as 14.00 horas do xoves 30 de setembro.

A proposta forma parte da programación da Rede Cultural da Deputación da Coruña.

DeMente é unha obra de baile e música tradicional galega para público adulto de 60 minutos de duración. Conta cun elenco artístico de oito bailadoras e bailadores, ao son da música do compositor e músico multidisciplinar Cristian Silva Bóveda. Todo isto desenvólvese dentro dun marco escénico e cun vestiario deseñado por Carlos Alonso Alonso xunto coas importantes contribucións en iluminación de Fidel Vázquez Díaz. A parte máis física e a estética contemporánea preséntase a través dos ollos da bailarina e coreógrafa catalá Carla Diego Luque como directora artística.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.