O curso escolar comeza o 9 de setembro en infantil, primaria e educación especial con 187.624 alumnos

04 Setembro 2021

O xoves 9 de setembro comezarán en Galicia as clases nos ciclos de Infantil, Primaria e Educación Especial para 187.624
alumnos, o que supón 9.180 menos ca no curso 2019/20, o inmediatamente anterior á pandemia, segundo os datos provisionais recompilados polos servizos estatísticos da Consellería de Cultura, Educación e Universidade. Só en centros públicos o alumnado descende en case 6.000 escolares respecto do último curso antes da pandemia.
Respecto do curso 2020/21 a diminución é de 4.832 escolares, 3.363 deles en centros públicos. Neste sentido cómpre lembrar que as cifras de matriculación poden ir mudando ao longo do curso escolar.
En calquera caso, e malia ao descenso de alumnado, a Xunta de Galicia mantén as plantillas de profesorado por riba das que había no curso 2019/20, atendendo as necesidades xeradas a partir da pandemia da covid-19. Cómpre lembrar que nestas etapas as medidas sanitarias mantéñense invariables respecto das do curso pasado, con
grupos burbulla sen distancia de seguridade.
Educación Infantil
Segundo estimacións da Xunta de Galicia, 55.698 alumnos comezan este ano nas aulas de Educación Infantil, o que supón 3.829 menos ca no curso 2019/20. Respecto do curso 2020/21 a diferenza é de 2.356 escolares menos.

Servizos complementarios
O mesmo día do comezo de curso escolar empezarán a funcionar os servizos de transporte e os de comedor xestionados pola Consellería. Este ano, a falta de que se pechen as últimas autorizacións, o número estimado de prazas de comedor escolar será de 78.713 (1.653 máis ca no 20/21), das cales 16.658 serían xestionadas por ANPAS ou Concellos, existindo tamén axudas –ou convenios de colaboración– da Consellería neste concepto para ambas entidades. En total o departamento educativo da Xunta xestiona 417 comedores, deles 281 de forma directa e 136 de forma indirecta (a través de empresas que serven menús con todos os estándares de calidade garantidos). Pola súa banda, as ANPAS son responsables de 203 comedores e os concellos de 51. Neste sentido, cómpre lembrar que a Consellería subvenciona os menús de arredor de 4.754 comensais nestes 51 centros escolares de 16 concellos de toda Galicia. A maiores tamén destina axudas a Anpas para a xestión dos comedores, que este ano se duplican ata acadar os 1,2M€.
Así mesmo a Consellería facilita subvencionar o servizo de comedor escolar a 498 alumnos de centros de educación especial non públicos a través de convenios con 14 entidades, cun orzamento de máis de 210.000€.
No que atinxe ao transporte, prestarase servizo –segundo as estimacións provisionais– a 85.531 alumnas e alumnos de 773 centros públicos. Ademais, darase cobertura de transporte a 363 alumnos de centros de Educación Especial que non son públicos a través de convenios con 17 entidades, cun orzamento de máis de 1M€. Deste xeito Galicia volve
ser a primeira Comunidade do Estado no referido ao volume que representa este servizo educativo complementario.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...