O Concello de Son quere converter o peirao de Punta Cabalo nun destino de lecer e paisaxístico

13 Setembro 2021

O Concello de Porto do Son quere dar unha nova vida ao peirao de Punta Cabalo, unha infraestrutura que permaneceu dende a súa construción infrautilizada e cuxa situación quérese reverter cun futuro máis ligado ao lecer, ao paisaxismo e ao turismo, potenciando a importancia natural da contorna.

Este novo futuro para o devandito peirao materializaríase ao abeiro dun proxecto de revisión levado a cabo por Portos de Galicia que está a poñer o foco en 40 predios (terreos e equipamentos aos que non se lles recoñece utilidade para o colectivo mariñeiro e marisqueiro) que poderían cederse aos concellos para un mellor aproveitamento. En base a isto, o Concello de Rianxo podería dispor do peirao de Taragoña (para optimizar a circulación da corrente do mar e a produción marisqueira), o de Ribeira o de Insuela (Palmeira) e o de Porto do Son o de Punta Cabalo. Neste caso concreto, a intención do Consistorio é converter o peirao nun destino de lecer, con tres piscinas abertas sobre as rochas. O alcalde Luis Oujo anunciou que o Concello xa ten un bosquexo do proxecto, que inclúe tamén dar continuidade á senda peonil que vai de Portosín a Noia e que transcorre por este treito costeiro de gran importancia paisaxística.

A día de hoxe, o Goberno galego tamén se atopa estudando a reversión de infraestruturas de seu noutros 20 municipios, entre as que figuran as de O Muíño (Muros), O Conchido (Outes) e A Barquiña (Noia).

Outros artigos

O Concello do Son achega un curso gratuíto para a obtención do PEL

O Concello de Porto do Son ofrece de xeito gratuíto un Curso de Patrón/a de Embarcacións de Lecer para a obtención do PEL (o PER en castelán), dirixido a persoas maiores de 18 de anos. Desenvolverase entre o 11 de febreiro e o 13 de maio. Os contidos do curso serán:...

+

A mostra “Do mar e da terra” da Deputación pódese ver en Portosín

A sala de exposicións da Casa da Cultura de Portosín acolle estes días a exposición Do mar e da terra, con entrada libre. Trátase dunha mostra itinerante impulsada pola Deputación da Coruña coa que se busca difundir exemplos concretos e reais de innovación, calidade,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión