O Concello de Ribeira e LimpOcean impulsan este sábado unha limpeza colectiva na praia de Castro-Catía

A praia de Castro-Catía, compartida por Castiñeiras e Aguiño, vai ser obxecto dunha limpeza colectiva e cidadá este vindeiro 25 de setembro. Así o vén de confirmar o Concello de Ribeira, que é colaborador da entidade LimpOcean, impulsora deste tipo de accións de voluntariado destinadas a pór de manifesto a importancia de coidar os nosos mares e evitar a presenza de plásticos e outros materiais nos mesmos. A actividade desenvolverase en horario de 11.30 a 13.30 horas.

As persoas que desexen implicarse nesta actividade deberán enviar un correo electrónico cos seus datos (nome completo, DNI e teléfono de contacto) a eventos@limpocean.com.

Logo da limpeza realizarase unha clasificación e análise dos refugallos recollidos. A máscara é obrigatoria. Luvas e resto de material de limpeza será subministrados pola organización.

O punto de encontro será o aparcamento na zona dos Areeiros.