“O capitán do Cobija viaxará de Exipto a España”. Antón Luaces

02 Setembro 2021

Desde as 15,34 minutos deste xoves, 2 de setembro, permanece nun hotel do Cairo Pablo Costas Villar, capitán do pesqueiro somalí “Cobija”. Previsiblemente sairá da capital exipcia este venres con destino a Galicia, vía Madrid. O traslado de Costas Villar levóuse a cabo sen problemas, pero cun retraso de catro horas sobre a prevista para a saída. O hotel no que está aloxado o capitán de Bueu foi reservado polo Ministerio español de Asuntos Exteriores.
Deste xeito remata a que pode ser considerada como primeira parte da epopea española de Costas no seu retorno a casa. A esta chegará, previsiblemente, a última hora do venres ou ao longo da mañá do sábado. Ninguén confirma tal circunstancia, pero polo feito de se tratar da fin de semana,é previsible que non resulte doado voar a Vigo, polo que se optaría polo aeroporto de Santiago de Compostela.

Nesta que dicimos epopea galega do capitán Costas, ten que ver o procedemento que, ben dende o Ministerio que tramitou a súa repatriación ou das autoridades pesqueiras e xudiciais de España, se siga aquí pola acusación de pesca ilegal emitida por Australia contra o “Cobija”, buque que, antes deste nome, adoptou, entre outros, os de Cape Wrath II, con bandeira descoñecida; Cape Flowers, con bandeira de Santo Tomé e Prínxcipe, e o actual Cobija, inicialmente abandeirado en Bolivia  e, segundo se informou, propiedade actualmente dunha sociedade somalí: a Precision Shipping Services. O Cobija foi construído en Canadá para a Express Financial Ventures. Ten 52 metros de eslora e, polo menos en dúas ocasións consecutivas, visitou o porto de Marín. Foi adaptado para os volantas de fondo. Carece, aínda hoxe, de marcas no casco, e carece dun porto base determinado.

remitida

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Que parte del no, no entiende Trump” – Manuel Domínguez

“Que parte del no, no entiende Trump” – Manuel Domínguez

Que parte del no, no entiende Donal Trump. La ONU es una organización para la defensa en caso que un país  miembro sea atacado, todos saldrán en defensa a de él, es una defensa mutua. Y EE UU no fue atacado por nadie, Trump hizo un ataque personal, sin permiso...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.