O BNG urxe ao Goberno central a arranxar as balsas da Mina de San Finx para evitar filtracións

03 Setembro 2021

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, rexistrou varias iniciativas no Congreso para que o Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico inclúa no inventario de balsas abandonadas as presas de residuos mineiros do Grupo San Finx, en Lousame, pois, segundo fixo saber, “o seu progresivo deterioro pode supor un grave risco medioambiental”. Amais, os nacionalistas solicitan coñecer o Plan de Labores Mineiras e o Informe do Instituto Xeolóxico e Mineiro e a súa avaliación do grado de conservación actual da presa.

Segundo explicou Rego, o Grupo Mineiro San Finx está composto por 21 concesións de explotación mineira desde 1883 e prolongándose até 2066. Engadiu o deputado que “a súa transmisión e vixencia contrasta cos períodos de inactividade e abandono”, feitos que, porén, non motivaron a caducidade dos dereitos por parte da Administración: “Desde 2015 a titularidade das concesións posúea Tungsten San Fix S.L., da que é administradora única a súa matriz, Valoriza Minería S.L.”

A formación nacionalista reclama ao MITECO que proceda a incluír as presas de residuos mineiros do devandito grupo en Lousame no inventario de balsas abandonadas. Aseguran que “ten un impacto medioambiental grave o que pode converterse a medio ou curto prazo nunha grave ameaza para a saúdea ou a seguranza das persoas e mesmo para o medio ambiente”. En base a isto, a inclusión neste inventario obrigará a un control periódico das instalacións e ao mantemento das instalacións, explica o BNG, que tamén solicita ao Ministerio un informe do Instituto Xeolóxico e Mineiro para que, “ante os antecedentes e a propia realidade das instalacións reflectida nos informes emitidos en 2019 e 2020 pola Xunta, sexa determinado o tipo de residuos almacenados nas das presas e se proceda a incluílos no inventario de titularidade estatal”.

Por outra banda, Rego demanda ao Goberno do Estado que estabeleza os mecanismo de actuación que permitan unha xestión e actualización axeitada do referido inventario en situación nas que as Administracións das Comunidades Autónomas afectadas “non colaboren de forma leal neste ámbito como é este caso”.

O voceiro municipal do BNG en Lousame engadiu a respecto de todo o devandito que “nin o Concello, nin a Xunta nin o Estado se están a facer responsábeis da grave situación das minas en Lousame. A empresa tampouco parece importarlle o estado de salubridade da auga, o único que quere é continuar coa súa actividade mineira que se viu interrompida porque as galerías están inundadas de auga”. Asemade alerta de que “as filtracións de auga con metais como o cadmio poderían pechar a industria do berberecho da ría pola contaminación e os problemas de salubridade que provocaría”.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.