Lousame programa a comedia “Vacacións” de A Tequerreté Teatro para o domingo 28 de abril

24 Abril 2024

O Concello de Lousame acollerá a posta en escena de Vacacións, unha premiada comedia da compañía teense A Tequerreté Teatro que poderá desfrutarse este domingo 28 de abril, ás 19:00 horas, no auditorio da Casa da Cultura lousamiá. A entrada é de balde, previa reserva en www.bandoticket.com.

Vacacións é unha comedia dun 50 minutos de duración e recomendada para maiores de 16 anos. Está posta en escena por A Tequerreté Teatro, compañía de teatro amador de Teo (A Coruña) integrada en FEGATEA. Unha peza premiada cos galardóns á mellor dirección do II Certame de Teatro Afeccionado “José Luís López Lorenzo” e cos premios á mellor actriz, á mellor obra elixida polo público e á mellor obra elixida polo xurado na VI Mostra de Teatro Afeccionado “Labarta Pose” 2023.

Esta obra, dirixida por Paco Luna, conta a historia de dúas parellas que marchan de vacacións a un destino paradisíaco para celebrar 25 anos de relación e amizade. Unha serie de divertidos equívocos, revelacións inconfesables e descubrimentos de feitos pasados provocarán que todo cambie entre eles.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.