Novo CEIP para Portosín e novo Centro de Saúde para o Son

01 Setembro 2021
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, reúnese co alcalde de Porto do Son, Luis Oujo, no seu despacho de Edificio Administrativo de San Caetano. Santiago de Compostela, 1/9/2021.

O responsable do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, e o alcalde de Porto do Son, José Luis Oujo, analizaron hoxe
distintas vías de colaboración para avanzar en importantes proxectos para o concello, entre os que destacan o novo CEIP en Portosín e un novo centro de saúde neste concello do Barbanza.
No tocante ao colexio, o titular da Xunta recordou que en xullo deste ano rematouse a tramitación ambiental, e nestes momentos estase cos trámites previos para facer realidade esta infraestrutura.
Así mesmo, confirmou que o novo cetro de saúde, que está pendente de que o concello identifique e ceda a parcela, será prioritario para a Administración Autonómica, co obxectivo de mellorar a asistencia sanitaria dotándoo dun novo equipamento máis moderno, accesible, eficiente e con mellores prestacións.
Feijóo e José Luis Oujo aproveitaron o encontro para avaliar tamén as actuacións que se están a levar a cabo na fachada marítima desde agosto de 2020, co fin de realizar unha remodelación integral que permita a creación de amplas zonas atractivas para a veciñanza, ao tempo que se facilita o traballo das persoas usuarias do peirao.
Sobre este punto, o presidente autonómico subliñou que, actualmente, están en execución as obras de construción do novo edificio de servizos portuarios, a urbanización da súa contorna e a súa pavimentación.

Outros artigos

Comezaron as obras para humanizar a praza do Concello en Outes

Esta terceira semana de xullo comezaron as obras para a humanización e mellora da praza do Concello, en Outes, obras impulsadas polo Goberno local. O obxectivo, segundo sinalaron fontes do Consistorio, "é recuperarmos un espazo central do casco urbano para o uso e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O mar de Foz”. Xulio Xiz

“O mar de Foz”. Xulio Xiz

Para os de terra adentro, a Mariña é territorio especial, de ostensible fervenza industrial e comercial e unha ledicia festeira na que ata as voces dos coros teñen harmónicos de mar. Fun o sábado a Foz, presentar dous libros de historia que honran a súa rica...