No Son un home foi trasladado en helicóptero despois de caer do tellado dunha casa

03 Setembro 2021

Un home sufriu feridas de consideración esta mañá ao caer desde o tellado dunha casa situada no lugar do Souto, en Porto do Son.

O 112 Galicia tivo coñecemento dos feitos a través dun familiar do varón ferido, uns minutos despois das doce.

Axiña, os xestores do 112 Galicia pasaron o aviso aos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que mobilizaron un helicóptero medicalizado ata o lugar do suceso e no que o home precipitado foi evacuado ao centro hospitalario de referencia.

Ademais, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia solicitaron a intervención da Policía Local, de Protección Civil e do GES de Noia para prestar colaboración e apoio ao equipo médico desprazado na aeronave.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

“Un jarro de agua fría” – Manuel Domínguez

La pregunta me cayó como un jarro de agua fría. ¿Mamá tú también te vas a morir? El abuelito, para él era dios, era todo, era su mejor juguete, le adoraba, pero un día el abuelo marchó, ya nunca más jugarían juntos. La pérdida era dolorosa, y si perdiese a su mama,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.