No Son a veciñanza xa pode apuntarse ás Escolas Deportivas, que se desenvolven en sete emprazamentos do concello

20 Setembro 2021

O Concello de Porto do Son compartiu nas redes o seu programa das Escolas Deportivas para o presente curso, 2021-2022, unha axenda que vén con renovada forza logo da pausa estival e faino cunha diversa e completa oferta que cubre todas as idades e que ten a vantaxe engadida de ser descentralizado e abranguer boa parte do territorio sonense (sete sedes).

Unha das grandes novidades do programa conta coa colaboración do club Artrogal e consiste nunha escola de tríatlon para a rapazada: a escola Trisón. O obxectivo desta proposta é mellorar a condición física das nenas e nenos ao tempo que se lles achegan recursos para socializar e traballar en grupo e, tamén, superar desafíos emocionais e anímicos.

Estas actividade xa teñen aberto o prazo de inscrición. Impartiranse no Polideportivo de Santa Irene (predeporte, baile moderno, mantemento para maiores, pilates, acrobacias, baile acrobático, spinning e fit training) e nas casas da cultura de Portosín (spinning e pilates), Queiruga (pilates), Baroña (mantemento de maiores), Xuño (mantemento de maiores), Caamaño (mantemento de maiores) e San Pedro (mantemento de maiores).

As persoas interesadas poden descargar o formulario de inscrición na web do Concello e entregalo cumprimentado no rexistro municipal ou a través da sede electrónica. O custo por unha actividade é de 66 euros, mentres que por unha segunda abonarán 33 euros. Para máis información chamar aos teléfonos 604 051 189 e 981 76 77 58.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...