Máis de 200 mulleres participan no Barbanza en accións de inserción laboral e atención a vítimas da violencia de xénero promovidas pola Xunta e a asociación Amicos

28 Setembro 2021

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, mantivo hoxe unha xuntanza co director da Asociación de Familias de Persoas con Discapacidade Psíquica Amicos, Xoan España, onde deu coñecer que máis de 200 mulleres, maioritariamente con discapacidade, están a participar nos diferentes programas que a Consellería de Emprego e Igualdade mantén en colaboración con esta entidade.
López Abella puxo en valor a frutífera colaboración entre a Xunta e a Asociación Amicos cun traballo focalizado na zona do Barbanza, especialmente na área da inserción laboral de mulleres vítimas de violencia de xénero e con discapacidade. Neste sentido, subliñou a participación en 2019 e 2020 de case sesenta vítimas de violencia de xénero en actuacións encamiñadas á súa inserción laboral, téndose conseguido, a pesares da covid-19 que un total de 11 delas conseguisen entrar no mercado laboral. A previsión coa que traballa Amicos este ano é na de acadar que outras 5 persoas que están a pasar por esta situación consigan ocuparse.
Na actualidade máis de 100 mulleres con discapacidade están a ser atendidas grazas aos programas desenvolvidos en colaboración coa Secretaría Xeral da Igualdade, que nos últimos doce anos supuxeron para esta entidade unha contía superior aos 175.000 euros como beneficiaria das liñas de apoio ao asociacionismo e fomento da participación de mulleres, a de desenvolvemento de programas para mulleres de iniciativa social e da liña destinada a programas de interesa social de promoción da igualdade e de prevención da violencia de xénero con cargo á asignación tributaria do Imposto da Renda de Persoas Físicas (IRPF) correspondente a Galicia.
Outras cen mulleres desempregadas (30 con discapacidade) toman parte no Programa Integrado de Emprego 2020-2021 que desenvolve Amicos en colaboración coa Consellería de Emprego e Igualdade, cun obxectivo de inserción do 45%.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Emerxencia social” – José Manuel Pena

“Emerxencia social” – José Manuel Pena

Segundo o último informe do Consello Xeral do Poder Xudicial (CGPJ) e os datos do Instituto Nacional de Estatística (INE), entre os meses de abril e xuño do ano en curso, executáronse 5.874 desafiuzamentos por falta de pagamentos de alugueiro e uns 469 por execucións...

“El Teatro y los días”. Alberto Barciela

“El Teatro y los días”. Alberto Barciela

El teatro es espejo de la vida o de las costumbres, se aventura como oráculo, o arriesga incluso en vanguardias imprevisibles, en inverosímiles utopías, o no, con sencillez opta por  disimular angustias entre humoradas; por algo más de una hora actúa cual eficaz...