Magín Blanco fai unha parada musical este venres en Cabo de Cruz

29 Setembro 2021

O músico Magín Blanco, unha das grandes estrelas galegas da canción para a rapazada, estará este venres 1 de outubro en Boiro para presentar o seu espectáculo para todos os públicos O levamos nas maletas. Será ás 17.00 horas no Centro Social de Cabo de Cruz, en Boiro. Haberá aforo limitado, sendo preciso reservar as entradas a través da web municipal dous días antes do espectáculo.

A través de O que levamos nas maletas, Magín Blanco interpretará en directo unha escolma dos seus temas para público infantil, acompañados dunha narración. O formato desta nova proposta será un contacontos musicado que axudará os nenos e nenas a estimular a súa creatividade e curiosidade polas letras e as palabras, pola lingua, polos contos e a música para que poidan crear o seu propio universo creativo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.