Lousame organiza un curso para o manexo do móbil para persoas maiores

13 Setembro 2021

O Concello de Lousame retoma a celebración de cursos gratuítos para que os maiores do municipio aprendan a sacarlle todo o partido aos seus teléfonos e dispositivos móbiles. Uns obradoiros que terán lugar na Casa da Cultura lousamiá e que terán unha duración dunha hora semanal.
A concelleira de Servizos Sociais, Silvia Agrafojo, explica que “despois da paréntese propia desta pandemia, queremos retomar uns cursos cos que buscamos proporcionarlles ás persoas maiores de Lousame os coñecementos suficientes para un eficaz uso dos seus dispositivos móbiles: que saiban conectarse a unha rede Wifi, que aprendan a facer e enviar fotos, que saiban usar o WhatsApp ou consultar as Redes Sociais ou o seu correo no móbil e tamén
descargar aplicacións prácticas como para pedir cita médica, ler a prensa ou escoitar a radio no móbil…”.
Estes cursos están abertos á participación de toda a veciñanza de Lousame e serán totalmente de balde, previa inscrición nos Servizos Sociais do Concello (981 820 494) ou por WhatsApp no 689 126 385. Deste xeito, o Concello de Lousame dá continuidade aos cursos realizados en 2019. Unha iniciativa na que conta coa colaboración da Consellería de Política Social.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...