Investigados tres veciños de Boiro por roubar ferramentas nunha vivenda na Pobra

A Garda Civil de Boiro investiga a tres homes veciños deste municipios como presuntos autores dun roubo con escalo nunha vivenda na Pobra do Caramiñal, da que subtraeron ferramentas.

Os feitos ocorreron por mor da denuncia interposta pola vítima o pasado 31 de xullo en dependencias oficiais da Benemérita. Nela comunicou que autores descoñecidos subtraéranlle do interior da súa vivenda diferentes ferramentas valoradas en 300 euros.

No transcurso da investigación os axentes lograron a identificación dos presuntos autores dos feitos, xa que as ferramentas foran vendidas nun establecemento comercial dedicado de compra-venda de diverso material en Ribeira.

A Garda Civil recuperou as ferramentas e fixo entrega delas á vítima unha vez comprobada a propiedade das mesmas. Ademais, procedeu á localización das persoas que efectuaran a venda das ferramentas, tres veciños de Boiro, que foron citados en dependencias da Benemérita en calidade de investigados pola súa suposta participación nun delito de roubo con escalo.

Cuartel Garda Civil