Illas desertas leva a Boiro o mellor do noso teatro contemporáneo

29 Setembro 2021

O Auditorio da Casa da Cultura de Boiro vai dar acollida este 1 de outubro ao espectáculo Illas desertas, unha proposta de teatro contemporáneo para público adulto a cargo da agrupación ArtesaCía e protagonizada por Laura Villaverde e Roi Fernández.

Unha vez máis, a capacidade será limitada por mor das restricións da COVID. As entradas poranse á venda no propio día da función. O espectáculo, organizado polo Concello, dará comezo ás 21.00 horas.

Segundo nos conta a produtora Urdime, Illas desertas é un espectáculo que nace “como resposta un mundo competitivo que só sabe camiñar nunha única dirección: a de facernos produtivas”. O espectáculo propón unha travesía cara a nada, ancorada na narrativa e na poesía audiovisual onde o público é parte activa da peza. “Illas Desertas é unha experiencia inútil, unha viaxe cara á nada, un canto ao fracaso, unha conquista do inútil, unha viaxe interior”, engade a produtora.

A través do movemento, das voces en off, da realización de cinema en directo, da interpretación, do son, da poética dos obxectos, da construción de maquetas e do traballo con máscaras xéranse paisaxes escénicas cunha enorme carga poética, salpicados das experiencias e reflexións de dous aventureiros: a aviadora Amelia Earhart e o explorador Ernest Shackleton.

Illas Desertas conta co apoio de AGADIC, Compañía Fura dels Baus, Colectivo RP, Sala Ingrávida, Concello de Santiago e Teatro Rosalía de Castro da Coruña e Concello de Tui.

Técnica: Susana Méndez
Actriz e creadora escénica: Laura Villaverde
Artista multimedia: Roi Fernández
Deseño de Luces: Héctor Pazos
Deseño de vestiario e caracterización: Esther Quintas
Produción: Marga R. Tilve

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

Son eu, señor capitán deste navío mercante! Eu son unha muller de mundo, ando polo mundo senrumbo e sen sosego. Estou embarcada neste buque e quero saber para onde imos, cantos e cantassomos, como viviremos o que nos queda de mar e quen seremos ao regresar á terra, se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.