“Hoxe, lembrando a Quino” – Manuel Domínguez

30 Setembro 2021

Atopábame estudando, Democracia sentimental de Manuel A Maldonado, cando soa o teléfono, chega a noticia, e deixo todo.

Vou ao arquivo da miña memoria, da miña memoria de mocidade, Mafalda que tantos momentos de alegría, Mafalda a que me fixo pensar, e preséntome un mundo real no xogo de nenos.

A gran familia.

Mafalda

Pai

Raquel (nai)Felipe

Manuel “Manolito” Goreiro

Susana “Susanita” Clotilde Chirusi

Miguel “Miguelito” Pitti

Guille

Liberdade

Mafalda a intelectual sabichona, a inocencia da virxindade, os pais logo,

Felipe, soñador, tímido, despistado.

Manolito, don Manolo, ideas capitalistas, conservador, basto, ambicioso, materialista.

Susanita xunto Mafalda as dúas únicas mulleres do grupo até a chegada de Liberdade, lareta, rexoubeira, orgullosa, despectiva cos pobres admiradora da oligarquía.

Miguelito, amigo de Mafalda, un ano menor. É máis soñador que Felipe e adoita a facerse preguntas complexas e absurdas sobre a realidade. É tamén máis inocente có resto da cuadrilla de amigos, e pasa de etéreas reflexións (“Como fará o tempo para dobrar as esquinas nos reloxos cadrados?”) a típicas queixas de neno (“Sempre eu, sempre eu!… non pode ir outro a facer os mandados?). Fillo

único, adoita discutir coa súa nai.

Guille

É o irmán pequeno de Mafalda e o único personaxe que crece fisicamente ao longo da tira. Guille protagoniza de continuo as trasnadas domésticas propias dos nenos de primeira nenez. Malia a inocencia gústalle Brigitte Bardot, tende a ser algo irreverente (chama aos seus pais “os vellos”) e encántalle a sopa, o que adoita provocar a carraxe e o noxo da súa irmá.

Liberdade

Amiga de Mafalda e último personaxe en unirse á cuadrilla. É moi baixiña de estatura, ao momento de que Guille é máis alto que ela, o cal é motivo de comentarios recorrentes dos demais personaxes, nunha obvia chiscadela política. A súa personalidade é incendiaria e proxecta abertamente ideas políticas en contra do sistema establecido. É o único personaxe máis liberal que Mafalda, contrastando cos máis conservadores Manolito e Susanita. Tamén é o personaxe que máis conversa con Mafalda sobre temas sociopolíticos, e ambas parecen concordar ideoloxicamente, agás polo feito de que Mafalda é máis realista.

Liberdade aspira a que o pobo tome conciencia da situación do seu país, se levante nunha revolución social e cambie as estruturas da nación. Di gustar das persoas e cousas simples, pero ao tratar de explicalo, cae nunha retórica moi confusa.

E estes personaxes infantís mostrábannos a verdadeira sociedade, coa inocencia duns nenos, e as preguntas máis inverosímiles, acompañáronnos na nosa mocidade, fixéronnos pensar e ver que outro mundo mellor é posible.

Vimos como os adultos se cultivan na infancia, como esta é a semente do futuro, como nos afectan as nosas amizades a sociedade na que vivimos.

Mafalda a través da pluma de Quino retrátanos a realidade, móstranos como pensar por moi disparatadas que sexan as ideas é unha obrigación unha necesidade.

Gocei de todas as súas viñetas, un goce ter toda a colección, diría un gran libro de filosofía, un gran libro do pensamento.

Hoxe Mafalda cala para sempre, Mafalda e os seus amiguitos, pero en nós planto a semente, que hoxe, non mañá é o día para dicir “abonda”, para parar os abusos da oligarquía, cada un coas súas armas, un coa palabra, outros coa pluma, outros coa acción, co exemplo.

Grazas Quino, Grazas Mafalda.

Outros artigos

“Enfermedades terminales”. José Manuel Pena

Estos últimos días las visitas al hospital fueron frecuentes para acompañara un buen amigo que se encuentra viviendo unos difíciles momentos por sudelicado estado de salud. Esta circunstancia me abrió un poco más los ojos ala realidad del sufrimiento, el dolor, el...

+

“Mellor é falar”. Luís Celeiro

Moitos dos lectores lembran como era aquelo de chamar por teléfono aos parentes deMadrid ou de Barcelona, ao noivo de Lleida ou de Cádiz, ao veciño emigrante en Suíza ou encalquera lugar industrial de Alemaña. Moitos aínda se acordan hoxe daquel teléfonoparroquial que...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Amenazas sobre Galicia”. José Castro López

“Amenazas sobre Galicia”. José Castro López

Escuché con atención  el discurso del candidato Rueda que será investido presidente con el apoyo de su partido para gobernar sin sobresaltos políticos. Pero tendrá sobresaltos económicos porque sobre Galicia se ciernen amenazas que tienen su expresión más cruel...