GAIN enxalza a traxectoria de CONGALSA cara a un modelo de produción intelixente

22 Setembro 2021

A empresa pobrense CONGALSA, un dos grandes referentes do ámbito alimentario galego e estatal, amais de ser un exemplo en materia de transformación tecnolóxica e sustentabilidade, presentou na mañá deste 22 de setembro os obxectivos e os principais resultados do seu proxecto CONGALS4.0: Deseño e desenvolvemento dun modelo industrial 4.0 no sector da alimentación galego, unha iniciativa innovadora de produción intelixente e sustentábel que tira proveito das máis avanzadas tecnoloxías de xestión, negocio e operatividade.

Na presentación, que se celebrou en formato online, participou a directora da Axencia Galega de Innovación (GAIN), Patricia Argerey, quen salientou que “a transición dixital e ecolóxica do tecido empresarial galego”, en referencia ao compromiso de CONGALSA coa transformación produtiva, “é clave para impulsar a competividade”. Argerey destacou o exemplo da empresa da Pobra do Caramiñal na súa evolución cara “a un modelo de fábrica intelixente”, unha transformación “que lle vai permitir interconectar todos os os procesos, axilizar a toma de decisións estratéxicas e avanzar na integración co cliente”.

Patricia Argerey nunha xornada online celebrada en datas recentes

Tamén enxalzou a frutífera colaboración da compañía alimentaria co Centro Tecnolóxico Gradiant, baixo un modelo de innovación aberta no que empresas e centros de coñecemento colaboran en proxectos conxuntos. Patricia Argerey apuntou que esta “é unha fortaleza de Galicia, que se sitúa como a segunda comunidade autónoma en realizar innovación en colaboración entre varios axentes”, ao mesmo tempo que puxo en valor o papel dos centros tecnolóxicos como fontes de coñecemento externo para as empresas e a súa contribución ao impulso á innovación nas empresas, especialmente entre as pemes.

O proxecto CONGALS4.0 conta co apoio da Xunta, que destinou 2,3 millóns de euros a través do programa Fábrica Intelixente e Sostible, co que se agarda mobilizar arredor de 5 millóns de euros. O programa apoiou, ata o de agora, o desenvolvemento de 24 proxectos de I+D+i con axudas por case 73 millóns, cun investimento público-privado de máis de 272 millóns de euros en sectores estratéxicos para a Comunidade e con 68 empresas e centros de investigación públicos e privados beneficiados.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...