Excéntricas recala en Rianxo coa súa nova peza teatral: Estrela do día

23 Setembro 2021

A compañía Excéntricas na que milita Quico Cadaval (Carreira, Ribeira, 1960), vai estar en Rianxo en outubro para presentar un dos seus novos espectáculos: a peza teatral Estrela do día. Será o día 9 sábado ás 20.30 horas, na Sala Arcos Moldes do Auditorio. A obra, para público maior de 13 anos e cunha duración de 100 minutos, vén con entrada gratuíta (que cómpre reservar na web municipal). Trátase dunha peza moi indicada, en palabras de Excéntricas, “para iluminar estes sombríos tempos de escuridade e desánimo”. Haberá, para escorrentar o desalento que nos corroe (agravado pola crise pandémica e as súas diferentes e preocupantes vertentes), música, comedia, sorpresas, cor, emoción e fortaleza. Ou sexa, “toda a divina parafernalia do teatro”.

Respecto do argumento, trátase dunha revisión dos milagres de Santa María aplicados aos problemas actuais, moi semellantes, curiosamente, aos que padecía a xente que viviu no século XIII. Así, pasarán por diante dos nosos ollos soldados que foxen da guerra, unha mociña obrigada a casar con quen non quere, xente expulsada dos seus fogares, presos que acaban na cadea por roubar comida, unha monxa que foxe dun convento, etc. Dramas resolvidos pola intervención milagreira de María “con aparicións dignas da mellor vedette de varietés”.

Outros artigos

Adxudicada a mellora do entorno do Hórreo de Araño

O Concello de Rianxo informou da adxudicación da obra de mellora do entorno do Hórreo do Araño. O proxecto conta cun orzamento total de 215.985€. A Xunta de Galicia, a través da Axencia de Turismo, achega 145.000€ e os restantes o Concello de Rianxo. A actuación que...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

Lo imposible es posible. Antonio, (nombre ficticio), es un fumador desde los 14 años, con sesenta toma sus vinos y consume , ya no fuma cajetillas sino que él hace sus propios pitillos, artesanía, fue al médico, su futuro es no muy largo, sus venas son muy solidas,...

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

La escritora británica Evelyn Beatrice Hall publicó en 1906 el libro “The Friends ofVoltaire” en el que relata como entendía la tolerancia el filósofo francés y dejó para lahistoria la frase “No estoy de acuerdo con lo que dices, pero defenderé con mi vida tuderecho a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.