Este venres 24, homenaxe a Narf na rúa Peonil de Boiro (a cargo de Caldo)

20 Setembro 2021

Este 24 de setembro a rúa Peonil de Boiro acolle a actuación de Caldo, grupo gañador do certame Narf da Deputación da Coruña, en lembranza do artista de Silleda falecido e 2016.

Novamente a capacidade será limitada e a reserva de entradas poderá facerse na web municipal dende dous días antes do espectáculo. A cita será ás 21.00 horas.

Caldo son María Jorge (violín), Anaïs Barbier (voz e pandeireta) e Pedro Fariñas (guitarra e gaita). A banda, centrada na melodía tradicional galega dende unha óptica contemporánea e un filtro de novos contextos sonoros, foi o grupo gañador da final do Concurso Fran Pérez “Narf” para grupos e artistas musicais que promove a Deputación da Coruña e que tivo lugar en novembro no Teatro Colón da Coruña.

Francisco Xavier Pérez Vázquez, “Narf”, nado en Silleda o 24 de abril de 1968 e finado en Santiago de Compostela o 15 de novembro de 2016, foi un dos grandes músicos galegos das pasadas décadas, cantante, compositor e integrante da banda Os Quinindiolas e mais de Nicho Varullo, da compañía teatral Chévere e posteriormente da Psicofónica de Conxo. Sobresaíu pola súa capacidade para ensanchar os horizontes da música galega, e tamén como compositor de bandas sonoras para teatro e outros espectáculos, compaxinando esta faceta coa de actor en diferentes funcións teatrais.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...