Este sábado, segunda etapa da Regata Alca con saída da Pobra do Caramiñal

23 Setembro 2021

Este sábado, con saída nas inmediacións da Pobra do Caramiñal, terá lugar a segunda etapa da Regata Alca, patrocinada pola empresa compostelá do mesmo nome. Os vencedores da primeira manga, Chispetrén, Piolín e Orlando, terán unha tarde complicada ante o empuxe dos seus rivais, que xa demostraron que a vitoria final é o obxectivo para moitos. A singradura, con saída prevista para as 14:00 baixo a organización do Club Náutico Arousa Norte, contará cunha quincena de embarcacións na liña de saída.

En ORC A, o Chispetrén, con Jesús Iglesias á roda, terá enfronte ao Alpha, do Náutico de Rianxo e tres barcos vilagarciáns dun altísimo nivel, destacando entre eles ao máis grande da frota, o flamante Fist 50 Corsario, de Jorge Durán, que non lle porán nada fácil as cousas ao actual líder da categoría.

Segundo informa o Náutico da Pobra, a clase ORC B é a que máis aberta está e “na que calquera se pode acabar impoñendo nesta etapa, con embarcacións como Piolín, Sempre Volve, Fixius ou Truhán, que poden puntos uns puntos moi valiosos nos seus marcadores”.

Polo que respecta á Clase ORC C xa demostrou a igualdade que presenta na primeira manga onde o Galopín e o Orlando tiveron unha estupenda pugna polo liderado. O Piko Norte, afeito loitar polos primeiros postos, tentará volver á senda da vitoria nesta segunda etapa. Polo que respecta ao Thor, que volve nesta regata á liña de saída despois dun tempo no dique seco, vai poñer todo da súa parte para sorprender aos a priori favoritos.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.