Este sábado as bicicletas asaltan Boiro coa XXXIII Promoción do Ciclismo

30 Setembro 2021

O Club Ciclista Barbanza e o Concello de Boiro organizan a proba ciclista nomeada XXXIII Promoción Ciclismo, que se vai celebrar na dita localidade este sábado 2 de outubro a partir das 17.30 horas. Na proba, cuxos detalles foron achegados polos organizadores este mércores no Consistorio boirense, van participar as categorías promesas, principiantes, alevíns, infantís, cadetes e júniors fem. Na presentación interviron o concelleiro de Deportes, Marcos Fajardo, o presidente da Federación galega de Ciclismo, Juan Carlos Muñiz, e o presidente do Club Ciclista Barbanza, Ricardo Riveiro.

A saída e meta estará instalada na avenida da Constitución e o circuíto para os máis pequenos será na praza da Boqueira da Negral. Amais, as categorías de alevíns e infantís farán un circuíto pechado ao tráfico, de pouco máis de un quilómetro, dentro do propio termo municipal. Os cadetes farán un percorrido máis amplo entre os municipios de Boiro e Rianxo.

Hai inscritos preto de 350 corredores entre todas as categorías procedentes de clubs galegos e tamén algúns de Portugal. “Animar a todo o mundo que se achegue a ver esta proba, que está organizada seguindo todos os protocolos e medidas sanitarias, para desfrutar dunha tarde de ciclismo”, comentou Riveiro.

O presidente da Federación Galega de Ciclismo, Juan Carlos Muñiz, salientou o importante labor que desprega o Club Ciclista Barbanza na promoción do ciclismo.

O concelleiro de Deportes, Marco Fajardo, resaltou a importancia dos eventos deportivos para a promoción dun municipio e para o seu desenvolvemento económico. “Seguimos apoiando e fomentando o deporte, sobre todo o deporte de base, para que sigan facendo deporte como é neste caso o ciclismo e os hábitos de vida saudábeis ”, afirmou Fajardo.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

Ricardo de la Cierva publicó en los años ochenta el opúsculo titulado Cómo ampliar micultura. ¿Qué puedo hacer?, que escribió con el objetivo de ofrecer una guía prácticapara construir una cultura personal que no consiste solo en adquirir conocimientos, sinoen...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.