Este sábado arrinca a a Regata Alca, organizada polo Club Náutico Arousa Norte

Este sábado comeza a Regata Alca, organizada polo Club Náutico Arousa Norte, con sede na Pobra do Caramiñal. O evento, que conta co patrocinio da empresa compostelá Aluminios Alca, desenvolverase ao longo dos próximos 3 meses.

A falta de poucas horas para o peche das inscricións, o Náutico da Pobra informou de que son xa unha ducia as embarcacións as que confirmaron a súa presenza. A saída da etapa será ás 14:00h desde as inmediacións do porto pobrense, coa presenza de barcos representantes da práctica totalidade de clubs da ría de Arousa

O parte meteorolóxico prevé ventos frouxos e de dirección variábel, o que fai presaxiar unha emocionante xornada de navegación.

En palabras do Náutico da Pobra, “trátase dun clásico do calendario galego”. Comeza con catro mangas repartidas, como dixemos, ao longo dos meses de setembro, outubro e novembro.