En Ribeira incautados 2.000 litros de gasóleo B por uso fraudulento dunha empresa da Pobra

09 Setembro 2021

A Garda Civil de Noia a través da Patrulla Fiscal e de Fronteiras ( PAFIF) incautou 2.000 litros de gasóleo B en Ribeira. Segundo informa a benemérita os feitos ocorreron tras a localización dun vehículo industrial facendo uso fraudulento de gasóleo bonificado durante un control de carburantes na localidade da Pobra do Caramiñal. Ante a sospeita de que outros vehículos da empresa usasen fraudulentamente o mesmo tipo de carburante, procedeuse á inspección das instalacións da empresa titular.

No transcurso da mesma localizouse outro vehículo industrial co mesmo tipo de carburante no seu depósito e un depósito non autorizado con capacidade para 5.000 litros e que contiña 2.000 litros de gasóleo B.

A Garda Civil procedeu ao precinto do mencionado depósito e á confección das correspondentes actas-denuncia.

G.C.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Propongo” – Manuel Domínguez

“Propongo” – Manuel Domínguez

Propongo una gran concentración ciudadana, empresarios, obreros, amas de casa, estudiantes, pueblo en general. Manifestando la repulsa, ante la cantidad de vandalismo que tenemos que sufrir diariamente Algo no funciona, la policía detiene al ladrón, le llevan al...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.