En Boiro, o Concello pavimenta a estrada de Coroño

10 Setembro 2021


O Concello e Boiro vén de executar obras de pavimentado no lugar de Coroño. Con estas actuacións, levadas a cabo con fondos propios, realizouse unha mellora nun tramo do firme, duns 240 metros lineais, que ficara pendente doutras actuacións realizadas na mesma zona.


Estas obras veñen de completar as actuacións realizadas en Coroño con cargo ao Plan Único (POS) da Deputación da Coruña. O Concello fixo saber que “os treitos de rúa nos que se actuou presentaban deficiencias no pavimentado, indicativas do deterioro superior do firme”, polo que se levou a cabo unha rehabilitación superficial para conservar e mellorar as súas características funcionais e a protección do conxunto da estrada.

Outros artigos

Boiro sumou forzas contra o cancro cunha cadea humana no centro da vila

A Asociación Española conta o Cancro de Boiro conmemorou na tarde deste sábado 17 de outubro o Dia Mundial da Loita contra o Cancro de Mama, que se celebra o 19 de outubro, cunha gran cadea humana e a realización dun lazo na rúa peonil de Boiro. Durante estes días o...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

Foto de Javi Bermúdez na Sala Real Acababa de chover e Javi empuxoume con firmesa coas dúas mans para poñerme debaixo dunha pingueira. Unha pinga conxelada caeu serteira no meu lombo pasando áxil a rentes da caluga e da camiseta, sen tocalas. “Agora xa sabes o que se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.