Duplícase o orzamento para os Clubs Lectura nos centros educativos

07 Setembro 2021

A Consellería de Cultura e Educación ampliou a convocatoria dunha das ferramentas que máis contribúe a estender no ámbito docente o uso das novas tecnoloxías da información: os Clubs de Lectura. A ampliación materializouse coa inclusión da etapa de Primeira e cunha duplicación do orzamento. En total, serán 400.000 euros os que se destinen a este programa, fronte aos 200.000 de 2020. O ano pasado chegou a 213 centros escolares da nosa xeografía e a arredor de 10.100 participantes.

O obxectivo é “estender os beneficios destes grupos aos máis novos, no marco das bibliotecas escolares, logo dos éxitos acadados nos clubs de lectura do ensino secundario, e reforzar, deste xeito, o papel desta ferramenta na creación e consolidación de hábitos lectores así como no desenvolvemento das competencias básicas do alumnado (comunicación lingüística, competencia social, cultural, artística…)”.

Segundo explica a Consellería, os Clubs de Lectura son grupos de dinamización que non se centran só en promover as vantaxes de ler libros, senón que tamén impulsan competencias clave para a vida, familiarizan aos escolares con espazos de convivencia e de educación cidadá e, tamén, facilitan a súa incorporación á lectura dixital co uso dos novos dispositivos de lectura. De feito, contribúen claramente a integrar as Tecnoloxías da Información e a Comunicación (as TIC) de forma natural nas súas actividades (blogs, vídeos, booktrailers, redes sociais, presentacións etc.).

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o vindeiro 15 de outubro. Poderán solicitar participar neste programa os centros de Primaria, ESO, Bacharelato e ensinanzas de réxime especial que inclúan un Club de Lectura na programación de actividades da biblioteca escolar ou conten con profesorado que pretenda poñelo en marcha con alumnado e outros membros da comunidade escolar en tempos de lecer ou horario extraescolar.

Outros artigos

ButacaZero inicia en Muros a xira galega de “A velada de Londres”

A velada de Londres, a nova produción da plataforma creativa ButacaZero, inicia esta fin de semana a súa xira por auditorios e salas de Galicia. Muros, As Pontes, Vigo, Foz, Noia e Cee serán as escalas dunha montaxe que rende tributo á figura e legado do dramaturgo,...

+

A xornalista Nieves Concostrina estará este mércores no Liceo de Noia

Este mércores 30 de setembro, a xornalista e escritora Nieves Concostrina estará no Liceo de Noia para conservar sobre a súa obra, os seus libros e a súa traxectoria na radio. Estará acompañada polo alcalde, Francisco Pérez Caamaño, e por José M. Romarís. A conversa...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Abusos e indefensión” – José Manuel Pena

“Abusos e indefensión” – José Manuel Pena

Cando existe unha emerxencia habitacional, todas as Administracións Públicas teñen que poñerse as pilas para garantir o Dereito á Vivenda, recoñecido na Constitución española así como en moito Tratados e Organismos Internacionais. Algúns nos preguntamos, actualmente,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.