Cintaadhesiva acompaña na Pousada (Boiro) o inicio da actividade da Escola Municipal de Música

30 Setembro 2021

Este venres 1 de outubro, A Pousada da Galiza Imaxinaria acolle un concerto da banda Cintaadhesiva, unha actuación coa que dá comezo, oficialmente, o curso da Escola Municipal de Música. A cita será ás 22 horas. Novamente o aforo será limitado, aínda que a entrada será libre (até completar a capacidade estipulada).

Cintaadhesiva é un proxecto literario-musical que se nutre co fío condutor da música de Jesús Andrés Tejada e os textos de Silvia Penas. Con sede en Vigo, o dúo xa ten media ducia de traballos musicais publicados. Participaron en festivais de poesía e do ámbito musical, en diferentes programacións teatrais, demostrando, pola súa natureza e polo seu carácter ecléctico, unha gran versatilidade para chegar a diferentes tipos de público. Recibiron recoñecementos en diferentes ámbitos, como proxecto finalista do premio musical da Deputación da Coruña 2017, finalista tamén nos Premios Martín Códax da música 2016, ou gañador do premio Sons Man Sinsal San Simón 2017.

Outros artigos

A ABE realiza o sorteo da Campaña de San Valentín

A Asociación Boirense de Empresas (ABE) realizou na mañá deste venres 13 de febreiro o sorteo dos premios da campaña de San Valentín entre os 1.207 rexistros de compras recibidos a través da web da entidade, co obxectivo de premiar ás persoas que apostan polo comercio...

+

Fondo pesar polo pasamento de Xesús Alonso Montero

O escritor, filólogo, docente e académico Xesús Alonso Montero faleceu este xoves en Vigo aos 97 anos, deixando tras de si unha traxectoria decisiva na configuración da crítica, da historia literaria e do pensamento galeguista contemporáneo. A Real Academia Galega, da...

+

O Entroido de Amicos celebra as distintas comunidades do mundo

O Entroido xa está a percorrer Galicia, e Amicos xa leva semanas preparándose para celebrar unha das festas máis divertidas do ano. Uns preparativos que a mañá deste xoves, 12 de febreiro materializáronse no Gran Festival do Entroido da entidade inclusiva do Barbanza,...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Valentía política” – José Manuel Pena

“Valentía política” – José Manuel Pena

A maior parte dos nosos políticos e gobernantes sempre falan, publicamente, do cumprimento da legalidade vixente. Á parte de que son eles os encargados de lexislar, non chego a comprender de que tipo de legalidade falan, se das leis ordinarias, dos Reais Decretos...

“Miseria humana” – Manuel Domínguez

“Miseria humana” – Manuel Domínguez

Todas las encuestas, absolutamente todas dan el resultado que en estas elecciones se llevaran un varapalo enorme, que la caída será de órdago, lo saben. Pierden como estaba previsto, tardan en analizar el fracaso. Resultado la culpa del fracaso es del muerto, la culpa...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.