Chispetrén, Piolín e Orlando, grandes protagonistas do comezo da Regata Alca 2021

15 Setembro 2021

O Club Náutico Arousa Norte vén de compartir con nós o seu balance da primeira xornada da terceira edición da regata Alca, que se desenvolveu este sábado 11 de setembro. Segundo fai saber o club da Pobra do Caramiñal, organizador desta importante proba deportiva, houbo tres embarcacións claramente protagonistas en cada unha das súas modalidades: Chispetrén, Piolín e Orlando.

A crónica

Tras unha saída directa sen baliza de desmarque, todas as unidades dirixíronse a completar o percorrido consistente nunha volta á illa de Rúa polo seu cara norte. Ao paso por Rúa, o Chispetrén e o Santana’s, ambos veleiros da clase ORCA, chegaban igualados na cabeza tras unha cinguida con constantes viradas e férrea marcaxe por parte de ambas as unidades. Finalmente, un contratempo obrigaba á embarcación Santana’s a retirarse permitindo facer unha cómoda empopada ao Chispetrén, patroneado polo santiagués Jesús Iglesias. O podio completárono o Mus do C.N.Vilagarcía que apunta maneiras nesta a súa primeira participación na regata Alca e o Alpha do C.N Rianxo, que conseguiu facer unha regata de menos a máis e reporse dunha mala saída.

Na categoría ORC B, o Piolín de Rufo Fernández estreábase cun 1 na súa marcadora, seguido do Truhán do Club Náutico de Ribeira e do Sempre Volve do C.N. Arousa Norte, que tras máis de 3 horas de regata chegaban con tan só 4 segundos de diferenza en tempo compensado, no que foi o duelo máis igualado da xornada.

Na clase ORC C, o Orlando de Gerardo Sánchez-Brunete impúxose a un Galopín do Club Náutico Ribeira por tan só 50 segundos. O terceiro caixón do podio ocupouno un habitual dos postos altos, o Piko Norte, que nesta ocasión viuse minguado por un fallo loxístico que lle atrasou na aproximación á liña de saída. Segundo informou a organización da regata, este trío protagonizou unha preciosa loita a 3 bandas practicamente en tempo real dado o case idéntico rating das embarcacións. Na clase ORC C cabe destacar ademais a presenza dun clásico da ría como é o Thor II, patroneado por Guillermo Varela, que ocupou a cuarta praza no que foi a súa primeira regata de posta a punto.

O vindeiro sábado 25 de setembro terá lugar a 2° das 4 mangas que completan esta edición da Regata Alca con todo por decidir e coa presenza xa confirmada de novas unidades na liña de saída.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...