Boiro acolle unha nova edición da Escola do RC Deportivo

22 Setembro 2021

Boiro vai dar acollida a unha nova edición da Escola do RC Deportivo, unha actividade que organiza a Escola Municipal de Fútbol xunto coa Fundación Deportivo e a colaboración do Concello de Boiro. Na presentación, que se realizou na mañá deste 22 de setembro, participaron o concelleiro de Deportes, Marcos Fajardo; o coordinador de fútbol base do RC Deportivo da Coruña, Pablo Barros; e os directivos da Escola de Fútbol Municipal, Juanvi Cameán e Mauri García.

A actividade, explicaron, vaise desenvolver durante toda a tempada 2021-2022 e está dirixida a nenas e nenos de entre 6 e 14 anos que “desexen complementar os adestramentos e a súa formación futbolística de maneira individual, personalizada e atendendo ás necesidades de cada un”.

“Para o noso Concello é sempre un pracer colaborar co RC Deportivo e a EFM con actividades como esta. Potenciar o deporte base é fundamental, das escolas municipais saen sempre moi bos deportistas”, afirmou o concelleiro de Deportes, Marcos Fajardo.

Segundo fixeron saber, a actividade vai ter unha duración anual, seguindo o calendario escolar, sendo posíbel escoller a opción de 1 ou 2 horas semanais e a participación mínima debe ser mensual.

En Boiro a actividade vaise desenvolver no Campo de Fútbol de Vista Alegre en dous horarios: os luns de 17.00 a 18.00 horas e tamén de 18.00 a 19.00 horas. “É unha actividade para divertirse e aprender, polo que animamos a todos os nenos e nenas do concello e a comarca a que participen”, afirmou Juanvi Cameán.

“Agardamos que esta edición teña tan boa acollida como as pasadas edicións e tamén o campus de verán”, afirmou Pablo Barros. As prazas son limitadas para garantir os protocolos e medidas da Covid-19 e as inscricións están xa abertas e poden facerse a través da páxina web da escola.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...