As xogadoras do Club Volley Playa Madrid percorreron un tramo do Camiño A Orixe

20 Setembro 2021

As xogadoras do Volley Playa Madrid aproveitaron o pasado sábado a súa participación nun torneo de voleibol en Palmeira para coñecer e percorrer un treito do camiño de Santiago A Orixe.
Acompañadas dos edís municipais Javier Sampedro e Juana Brión e do presidente da Asociación de Amigos de Camiño A Orixe, Manuel Mariño, as deportistas e outros membros do club —entre eles, o ribeirense Ramón González, directivo— completaron un quilómetro e medio entre o paseo de Coroso e a igrexa parroquial de Palmeira antes de retornar ao pavillón polideportivo onde a competición tivera lugar.
As xogadoras madrileñas tiveron oportunidade de escoitar algunhas das curiosidades deste itinerario que está a ser recuperado e divulgado co gallo deste dobre Ano Santo.

Outros artigos

O PSdeG-PSOE de Ribeira pide obras inmediatas no CEIP O Grupo

O Grupo Municipal Socialista de Ribeira levará unha proposición ao pleno para reclamar unha actuación urxente no edificio de educación infantil do CEIP O Grupo, ante o que cualifican "un avanzado estado de deterioro dunha cuberta onde a vexetación medra de forma...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Valentía política” – José Manuel Pena

“Valentía política” – José Manuel Pena

A maior parte dos nosos políticos e gobernantes sempre falan, publicamente, do cumprimento da legalidade vixente. Á parte de que son eles os encargados de lexislar, non chego a comprender de que tipo de legalidade falan, se das leis ordinarias, dos Reais Decretos...

“Miseria humana” – Manuel Domínguez

“Miseria humana” – Manuel Domínguez

Todas las encuestas, absolutamente todas dan el resultado que en estas elecciones se llevaran un varapalo enorme, que la caída será de órdago, lo saben. Pierden como estaba previsto, tardan en analizar el fracaso. Resultado la culpa del fracaso es del muerto, la culpa...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.