As Escolas Deportivas de Boiro ofrecen este curso un amplo programa de actividades

13 Setembro 2021

O Concello de Boiro anunciou que este mércores día 15 abre o prazo para inscribirse nas actividades englobadas dentro da XXIX edición das Escolas Deportivas Municipais que se organizan dende o Departamento de Deportes. As escolas comezan o 1 de outubro e as inscricións é preciso facelas a través do Departamento de Deportes, situado na Casa da Cultura de Boiro.

Segundo informa o Concello, as Escolas Deportivas Municipais do Concello de Boiro engloban programas para persoas adultas e tamén infantís e xuvenís, así como competicións deportivas en distintas modalidades. Entre as actividades para infantil e xuvenil están tenis, ciclismo, atletismo, voleibol, xadrez, remo, piragüismo, vela, golf, patinaxe, baloncesto, natación ou tríatlon.

Ademais, a oferta de actividades para persoas adultas inclúe ximnasia para persoas xubiladas, bailes de salón, tenis ou o proxecto Boiro Actívate. Por outra banda, a maiores das actividades propias das escolas, o Concello de Boiro colabora na organización de competicións deportivas durante a tempada como son ligas de fútbol nas distintas categorías, minibasket, voleibol, ciclismo, tenis, bolos tradicionais, entre outras.

A celebración das actividades está suxeita ás restricións específicas en materia de sanidade decretadas polas autoridades sanitarias como consecuencia da situación epidemiolóxica. Toda a información sobre as Escolas Deportivas Municipais de xeito presencial no Departamento de Deportes, situado na Casa da Cultura de Boiro, a través o teléfono 981 84 84 25 ou o enderezo electrónico deportes@boiro.org

O Concello de Boiro, para a celebración destas actividades, recibe unha subvención da Deputación da Coruña para o mantemento de persoal técnico nos servizos municipais de deporte para a dinamización deportiva no termo municipal e garantir o desenvolvemento de programas de carácter estábel nos concellos. Mediante esta achega económica provincial, sinala o Goberno local, “podemos levar a cabo, cada ano, programas deportivos como son a XXIX edición das Escolas Deportivas Municipais”.

O concelleiro de Deportes, Marcos Fajardo, e o técnico do departamento, Manuel González, falarán máis polo miúdo do programa deportivo das Escolas Deportivas Municipais o vindeiro mércores 15 de setembro ás 12.00 horas na sala de comunicación do Concello de Boiro.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...