As escolas deportivas da Pobra inician curso en outubro

10 Setembro 2021

A Concellaría dos Deportes da Pobra do Caramiñal, da cal é titular a edil Genoveva Hermo (Nós Pobra), configura a programación das escolas deportivas para a tempada 2021-2022, a cal consta de actividades destinadas a toda a
poboación que sexa maior de 3 anos de idade. Deste xeito, botarán a andar no 3 de outubro, divididas en dous cuadrimestres. O primeiro comprende dende 3 de outubro do presente ano ata 29 de xaneiro de 2022, mentres que o segundo será dende 1 de febreiro de 2022 a 31 de maio do mesmo exercicio.
O programa atópase diferenciado en varios apartados. Por unha banda, as escolas deportivas do Concello a través da educación física base- predeporte e fútbol sala mixto (Chupete, Sub-8, Sub-10 e Sub-12); e pola outra, as escolas deportivas a cargo de entidades locais mediante artes marciais, atletismo, baloncesto, fútbol, patinaxe artística, remo, tenis, tenis de mesa, xadrez, xogos de mesa e tiro con arco.
Cómpre sinalar que, no dependente da área municipal dos Deportes, pola participación de irmás e irmáns aplicarase un desconto do 50% á segunda persoa e será de balde para a terceira. Ademais, os horarios poderanse alterar en función das persoas inscritas nas actividades.
No que respecta ás persoas adultas, ofértase ximnasia de mantemento, pilates, camiñadas + stretching e camiñadas para maiores.
Tódalas disciplinas van impartirse seguindo o protocolo e as medidas implantadas por mor da COVID-19.
As persoas interesadas poden solicitar información e inscribirse a partir do 15 de setembro nas oficinas de Deportes do Concello, situadas na casa da cultura e xuventude Raquel Fernández Soler, en horario de 09.30 a 14.30 horas, cos teléfonos de contacto 981832590 e 981831545.

Outros artigos

Grava un delincuente reincidente entrando no seu coche en Ribeira

Un veciño de Ribeira, Zacarie, logrou gravar o momento no que un coñecido delincuente reincidente accedía ao seu coche coa intención de roubar no seu interior. O home, que xa fora vítima doutros dous roubos previos atribuídos ao mesmo individuo, decidiu esta vez non...

+

O “Santa Isabel” protagonista dun artigo no diario “El Debate”

O xornal dixital "El Debate", publica este sábado un amplo artigo sobre o naufraxio do vapor-correo Santa Isabel do que recentemente cumplirone 105 anos e no que morreron 213 persoas. O artigo leva por título "La gesta de las heroínas de Sálvora y Cebreiro, almirante...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Maria Reigosa”. Xulio Xiz

“Maria Reigosa”. Xulio Xiz

Poucas veces alcanza tanta notoriedade un membro da Corporación municipal de Lugo como agora ocorre con María Reigosa, incorporada xa avanzada a lexislatura por parte do P.S.O.E. O protagonismo dos concelleiros queda diluído no papel dos grupos municipais, como o dos...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.