As alumnas do programa de emprego de Boiro asistiron a unha xornada sobre mobilidade internacional

24 Setembro 2021

O Consistorio de Boiro acolleu este 24 de setembro unha sesión divulgativa e formativa dirixida ás mulleres que están a participar no Programa Integrado de Emprego do Concello, o PIE 2020-2021. Estamos a falar da Xornada de Mobilidade Internacional.

O concelleiro de Comercio e Industria, Marcos Fajardo, participou no acto no que interviron Covadonga López, de Rede Eures; Fernando Rodríguez, da Rede Galega de Dinamización Xuvenil; e Sabrina Lamas, da Fundación Paideia.

O obxectivo foi mostrar ás participantes os proxectos que a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia e tamén a Fundación Paideia están levando a cabo en materia de mobilidade transnacional, formación, prácticas e voluntariado a nivel europeo.

Tamén se deu a coñecer a Rede Eures e o seu portal de procura de emprego, procesos de selección e busca de información dos diferentes países europeos.

A idea foi reforzar aínda máis a empregabilidade das participantes no programa, co fin de que complementen as súas competencias profesionais e persoais, de fomentar a súa autonomía persoal e de permitir que adquiran competencias en linguas estranxeiras superando as barreiras lingüísticas.

Na xornada participaron un total de 12 alumnas do Programa Integrado de Emprego do Concello de Boiro, que está destinado exclusivamente a mulleres e combina a formación online a presencial, fomentando a conciliación familiar e laboral das participantes.

O Programa Integrado de Emprego están subvencionado pola Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia e o Servizo Público de Emprego Estatal.

Outros artigos

Boiro acolleu unha nova edición do encontro Xeografía Empresarial

A Asociación Boirense de Empresas (ABE) acolleu este venres 9 de outubro un novo encontro do proxecto Xeografía Empresarial, que reuniu en formato almorzo e con aforo completo a representantes de 55 empresas para reflexionar sobre o presente e o futuro da industria e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.