Amicos xunta forzas co Concello da Estrada para impulsar neste municipio a inclusión profesional

14 Setembro 2021

A Asociación Amicos, centrada en achegar dende a nosa comarca formación, inclusión e inserción para os colectivos de persoas con diversidades funcionais ou motrices, vén de asinar un convenio de colaboración co Concello da Estrada para a cesión dun espazo físico no viveiro de empresas deste municipio pontevedrés.

Con esta iniciativa, Amicos pretende dar apoio a persoas en risco de exclusión que teñan dificultades para acceder ao mercado laboral: “Queremos que as persoas poidan ter novas oportunidades dentro dun mercado laboral cada vez máis complexo e esixente”, comentan.

Pablo Penide, técnico de desenvolvemento de persoas de Amicos, encargarase de orientar, informar e asesorar na procura de emprego e formación, elaborando un perfil profesional e un diagnostico ocupacional e creando tamén itinerarios personalizados de inserción.

O obxectivo de Amicos é dar apoio directo a un número aproximado de entre 75/100 persoas con discapacidade ou en risco de exclusión social da Estrada e a súa zona de influencia. Outro dos obxectivos da entidade será a prospección e intermediación sociolaboral con empresas da zona.

Miguel Beiro responsábel do departamento de emprego e empresas da asociación Amicos quixo recalcar que “que a asociación leva máis de 20 anos pelexando pola inserción sociolaboral de persoas con discapacidade, pero chegou o momento de facelo en rede, grazas a alianzas como esta multiplicaremos a nosa mensaxe e o noso labor”.

Por parte do concello, o alcalde José López Campos comentou o seguinte: “Agradezo a Amicos a oportunidade de poder asinar este convenio de colaboración xa que para nós é unha nova oportunidade de inserir laboralmente a persoas que teñan dificultades á hora de acceder ao mercado profesional”.

A asociación do Barbanza agradeceu enormemente ao alcalde e ao Concello da Estrada a implicación e a oportunidade de poder levar a cabo a asinar deste convenio de colaboración. E fixo a seguinte proclama: “Desde Amicos facemos un chamamento para que as persoas con discapacidade ou en risco de exclusión social que precisen apoio, e tamén para as empresas que necesiten incorporar a persoas, establezan contacto coa nosa área de emprego no seguinte número de teléfono 981 865 786 ou no correo de persoas@amicos.org”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

La escritora británica Evelyn Beatrice Hall publicó en 1906 el libro “The Friends ofVoltaire” en el que relata como entendía la tolerancia el filósofo francés y dejó para lahistoria la frase “No estoy de acuerdo con lo que dices, pero defenderé con mi vida tuderecho a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.