Amancio Prada, en Porto do Son este 12 de setembro

07 Setembro 2021

Este domingo 12 de setembro actuará en Porto do Son un dos artistas que máis ten contribuído a espallar e reivindicar a nosa lingua dentro e fóra de Galicia: Amancio Prada.

Será ás 20.00 horas na praza de España (en caso de choiva no Auditorio Municipal). O músico do Bierzo (natural de San Pedro de Devesas, Ponferrada) contaranos neste concerto as súas experiencias ligadas á tradición musical galega, poñendo o foco no fondo e rico substrato común entre a súa terra leonesa, lindeira coa nosa, e a súa terra de adopción artística, creativa, sentimental e poética: Galicia. Trátase dun concerto abeirado ao Xacobeo 21-22.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Viaxar co IMSERSO” – Xulio Xiz

“Viaxar co IMSERSO” – Xulio Xiz

Un amigo asombrouse de que eu viaxase co IMSERSO, por terlle quedado ao sistema a sona de que os participantes son vellos e fan cousas que se supoñen son ou foron de vellos, entrelas os bailes, xogos de cartas, karaokes, e monótonas tardes vendo pasar a vida por...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.