Adxudicada a primeira fase da obra de saneamento de Burés -Asados

23 Setembro 2021

O Concello de Rianxo informa da adxudicación á empresa NEMESIO ORDÓÑEZ, SA, por importe de 104.730,39 € (Iva incluído) para dotar de saneamento a varias casas de Burés, en Asados, “nesta primeira fase afectará a unhas 30 vivendas da parte vella do lugar”, informou o Goberno local, engadindo que estas residencias irían conectadas á rede xeral a través dunha infraestrutura disposta en dous tramos: un que discorre nas primeiras casas e baixa pola estrada AC-305 e outro no núcleo máis tradicional da aldea. Tras esta actuación realizarase a correspondente reposición do pavimento.

O Concello lembrou que xa está dispoñíbel un segundo proxecto para buscar tamén o seu financiamento dentro dos plans provinciais e completar no posíbel o saneamento integral do lugar.

O importe de adxudicación será financiado polo Plan único da Deputación. Dentro dunha semana procederase á sinatura do contrato polo que as obras comezarían axiña para estar rematadas no último trimestre do ano.

Tamén se está a adxudicar a obra de traída municipal para o Outeiro-Taragoña e está previsto que tras o permiso de Augas de Galicia se impulse a contratación do saneamento e abastecemento de Quintáns en Isorna.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...