ABAS promove un concurso de fotos sobre a pobreza co fin de sensibilizar á poboación ante O SEU DÍA INTERNACIONAL

02 Setembro 2021

No animo de visibilizar, concienciar, sensibilizar e facer reflexionar á poboación ante a próxima conmemoración o 17 de outubro do Día Internacional para a Erradicación da Pobreza, a Asociación Barbancesa de Axuda e Solidariedade (ABAS) promove a celebración dun concurso de fotografía cuxas bases foron presentadas este mediodía no Centro
Cultural Lustres Rivas nun acto que contou entre outros coa participación da concelleira de Cultura, María Sampedro; do coordinador de ABAS Francisco Javier Gómez; de Jesús Paz, membro desta organización; e de Javier Falque en representación da compañía local de telefonía ToxoTelecom.
Así, poderá participar toda persoa que sexa maior de 18 anos. A temática será, directa ou indirectamente, a pobreza e a exclusión social en todas as súas expresións e situacións. Cada fotografía virá acompañada dun título e dunha explicación, non superior a 200 palabras, en galego.
Poderán presentarse ata dúas imaxes por persoa, que non fosen premiadas en ningún outro concurso, con total liberdade de técnica e procedemento, en formato JPG, cunha resolución mínima de 300 ppp e un máximo de 8 MB, sen estar comprimida. As fotografía non terán marca de auga, sinatura nin ningún outro elemento que facilite
recoñecer a súa autoría.
As e os participantes deben enviar as imaxes a coordinador.abas.asoc@gmail.com, xunto coas fotografías
achegarase un documento coa descrición e outro con nome, apelidos, teléfono, email, enderezo, DNI e cun texto onde diga “DECLARO: Autorizar á Asoc Barbanecesa de Axuda e Solidariedade – ABAS a utilizar as miñas imaxes en soportes físicos ou dixitais, así como en exposicións, sen ningunha remuneración a cambio, sempre que non exista ánimo de lucro”, este último documento virá asinado e en formato pdf. O prazo será ata as 00:00 horas do día 6 de outubro do
presente ano.

Premios
Os premios, segundo o ditame dun xurado composto por tres persoas con coñecemento nas materias, serán os seguintes:
 1º Premio: Unha tablet de 64 GB Blackview.
 2º Premio: Caixa de experiencia “Desconecta 2 días” para 2 persoas, 1 noite de hotel + almorzo a escoller entre 1300
estancias de España e Portugal” por cortesía da empresa Toxo Telecom.
A organización agradeceu a Toxo Telecom o xesto de querer colaborar nesta nova iniciativa a prol da sensibilización sobre a pobreza na nosa sociedade.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...