A Xunta salienta a contribución do Museo do Gravado de Ribeira para impulsar a creadores artísticos

18 Setembro 2021

O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, participou hoxe na entrega dos XII Premios de Gravado Atlante postos en marcha pola Fundación Museo de Artes do Gravado á Estampa Dixital e que este ano recaeron nos artistas Rajel Bronfman, Tomasz Winiarski e Deborah Chapman.
Durante a entrega de premios, o representante da Consellería de Cultura, Educación e Universidade puxo de manifesto a importante traxectoria destes galardóns que “nos seus doce anos de historia puxeron en valor o papel dos creadores e artistas, polo que desde a Xunta damos continuidade ao noso apoio a iniciativas como esta cada ano”, indicou.
Referiuse á importancia de apoiar aos creadores, como vén facendo tamén o Goberno autonómico que no marco do Plan de reactivación cultural ten en marcha unha serie de medidas específicas para o sector das artes plásticas. Cun orzamento de máis de 600.000 euros, estas accións inclúen desde o apoio ás galerías de arte ou a compra de obras de
arte ata a creación dunha nova liña de apoio aos creadores e comisarios de arte ou o impulso do Encontro de Artistas Novos.
Apoio constante
Xunto este apoio, recordou que o Goberno autonómico leva anos colaborando con outras administracións e entidades para axudar a que as súas actividades se manteñan adaptándose ao actual contexto sanitario. É o caso do Museo do Gravado de Ribeira, para o que nos últimos anos se achegaron máis de 80.000 euros para a ampliación da súa Biblioteca Ilustrada e neste 2021 se asinou un convenio de máis de 45.000 euros para apoiar a ampliación do Obradoiro de Gravado Permanente do museo que foi creado para formar artistas e amantes da arte gráfica.

Na XII edición dos Premios do Gravado Atlante foron galardoados os artistas Rajel Bronfman, Tomasz Winiarski e Deborah Chapman. Ademais, recibiron mencións de honra os artistas Mirta Gendin, Vinicius Libardoni, Paco Casal e María Meijide Fraga. Tamén foron seleccionados máis de 40 gravados que se exporán nunha das salas do museo cos
premiados e finalistas.
O Museo do Gravado de Ribeira ten unha colección que supera as 40.000 estampas procedentes de máis de 400 artistas. É un dos recursos culturais máis importantes da comarca do Barbanza. Ademais, dispón dunha destacada biblioteca ilustrada que é única en Galicia debido ao seu valor bibliográfico e artístico, con máis de 3.000 libros, así como pola cantidade de gravados que contén e pola singularidade dos seu volumes, que abranguen desde o século XVI ao XXI.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...