A Policía Nacional alerta sobre a estafa da desinfección de colchóns

04 Setembro 2021


A Policía Nacional de Vigo alerta aos cidadáns dunha nova estafa. O engano consiste en ofrecer servizo de desinfección de colchóns a domicilio con ozono e luz ultravioleta.

A estafa xa se detectou noutras cidades españolas. Realízase mediante unha chamada previa para despois acceder ao domicilio. Fanse pasar por unha empresa de descanso ou polo fabricante do colchón, quen lles propón unha inspección e limpeza gratuíta de antiácidos.

As vítimas adoitan ser persoas maiores que viven sós. Fanlles unha serie de preguntas para coñecer á persoa. Se ten máis de 65 anos, tenta concertar unha visita para ofrecerlle un contrato de mantemento do colchón.

Agasallos a cambio

Para tentar convencelos, chégaselles a ofrecer un agasallo a cambio. O obxectivo é gañarse a súa confianza. Prométenlles un prezo económico, case gratuíto.

Durante a chamada telefónica realízanlles varias preguntas, onde terminan sabendo varios datos como o nome ou a rúa onde vive. Ao final, conseguen saber o nome da vítima e o colchón que comprou hai anos.

Unha vez conseguen acceder á vivenda, os estafadores distraen aos propietarios para desvalixar a casa.

Por iso, a policía alerta á poboación do posible engano que poden sufrir se reciben unha chamada con estas características. Tamén alertan ás persoas maiores que non abran a porta a persoas descoñecidas e que teñan coidado con estas estafas.

Trátase dunha estafa que leva realizando desde hai meses e que pasou por varias zonas como en Palencia ou en Logroño. Segundo parece interveñen dúas persoas realizan unhas vinte actuacións e posteriormente cambian de comarca o cidade.

A Policia insiste en que se denuncie a estafa.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...