“A dignidade das persoas” – José Manuel Pena

22 Setembro 2021

Nos últimos tempos, a maioría das sociedades avanzadas, libres e democráticas lexislaron sobre cuestións fundamentais que afectan á vida cotiá das persoas. Dereitos que non están exentos de polémica, como o aborto, a eutanasia, o matrimonio do mesmo sexo, os dereitos das persoas LGTBI, a igualdade real das mulleres, etc. .

Sociedades abertas e democráticas que deben acatar o que decida a maioría aínda que non se comparta. A liberdade consiste niso, exercendo os dereitos segundo as súas crenzas, pensamentos ou realidades, pero nunca impedindo que os demais que non comunguen coas nosas pretensións deixen de exercer os seus dereitos con total liberdade.

En España e noutros moitos países, hai formacións políticas, asociacións ou plataformas (denominadas cívicas) que se dedican a acosar, insultar e estigmatizar ás persoas que exercen libremente os seus dereitos recoñecidos legalmente. No caso do aborto, até 8.000 mulleres sufriron desde o ano 2.010 o acoso de grupos ultras nas clínicas abortivas.

Estes grupos, pouco democráticos, son un tanto hipócritas, porque mentres din avogar pola vida, en cambio oponse a que se albergue aos menores non acompañados e que se expulsen aos inmigrantes sen papeis. Non recoñecen a violencia machista e entenden que os homosexuais ou lesbianas é simplemente cuestión de ideoloxía, entre outras lindeces.

A dignidade das persoas ten que estar por encima das ideoloxías e dos pensamentos de grupo. Uns poucos individuos non poden impor a súa liña da vida ao resto de mortais. Cada un ten a súa propia responsabilidade para exercer os seus dereitos en liberdade.

Outros artigos

“Cumpleaños, somos efímeros” – Manuel Domínguez

¿Qué te creías?, el rey del mambo. Todos se acordarán de Napoleón, o del general Romel, pero me pregunto yo, quién se acuerda de sus soldados, porque qué serían ellos, sin sus soldados. Le dice el niño, a su anciano abuelo, para qué plantas este naranjo, nunca comerás...

+

Saída de vía por unha indisposición en Rianxo

Un accidente produciuse no quilómetro 11 da AG-11, á altura da parroquia rianxeira de Isorna. Os feitos, que ocorreron instantes despois das 9 horas en sentido Ribeira, foron narrados por un particular que parou a auxiliar ao implicado, que acababa de saírse da vía co...

+

Rexistrado un sismo de magnitude 3 nas proximidades da costa de Ribeira

O Instituto Xeográfico Nacional rexistrou esta mañá un sismo de magnitude 3.0 con epicentro nas proximidades da costa de Aguiño (Ribeira). No Centro Integrado de Atención ás Emerxencias non se recibiu chamada algunha alertando sobre estes feitos, que tiveron lugar...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Mis últimas cartas” – Manuel Domínguez

“Mis últimas cartas” – Manuel Domínguez

Mis últimas cartas fueron dirigidas a tres personas. El senador Bernie Sanders, acabo de recibir su biografía 540 páginas de lucha por una sociedad más justa, y lleva así una vida entera. Le he mostrado mi admiración, y animarle a que no desfallezca en esa lucha, él...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.