A campaña Volta ao Cole dos empresarios de Ribeira inclúe un sorteo de 20 vales de 50 euros

10 Setembro 2021

Quen queira apoiar o comercio de Ribeira e obter a cambio un recoñecemento ao este importante labor de compromiso cos establecementos de proximidade vai poder facelo este mes de setembro grazas á nova campaña de dinamización empresarial e premios á cidadanía lanzada pola Asociación de Empresarios de Ribeira. Trátase da iniciativa Volta Ao Cole 2021, que inclúe un sorteo de 20 vales de 50 euros dirixido a todos os clientes que merquen e consuman nos establecementos asociados.

O obxectivo fundamental da campaña é “incrementar as vendas e incentivar o consumo no pequeno comercio ao por menor e na hostalería de Ribeira”.

Segundo fixo saber recentemente o presidente da Asociación de Empresarios, Francisco Martínez Gude, a promoción realizarase entre as compras e consumicións feitas desde o día 1 ao 30 de setembro de 2021. “A forma de participar será mercando e consumindo en calquera establecemento socio”, explicou, engadindo que o sorteo realizarase o venres 1 de outubro ás 13:00 horas no local da Asociación de Empresarios, na rúa Rosalía de Castro.

O rexistro será preciso realizalo na pestana Sorteos, na web da Asociación de Empresarios de Ribeira, efectuando o correspondente rexistro da compra ou consumición realizada, que dará dereito a unha participación no sorteo.

Os premios serán 20 vales de compra de 50€ para gastar nos establecementos comerciais e hostaleiros socios. O importe do premio debe ser gastado nos establecementos participantes como data límite o 30 de novembro de 2021.

Amais, as familias numerosas que se personen nas nosas oficinas xustificando esta condición, de presentaren un tícket de compra ou consumición por valor superior a 10€ con data do 1 ao 30 de setembro, recibirán un agasallo ata fin de existencias.

A maiores desta campaña, a patronal informou de que “unha vez notificadas as novas medidas para os sectores de hostalaría e restauración”, a asociación facilitará a realización dos cursos de formación COVID que require Sanidade para os seus socios de hostalaría e restauración.

Outros artigos

O Entroido de Amicos celebra as distintas comunidades do mundo

O Entroido xa está a percorrer Galicia, e Amicos xa leva semanas preparándose para celebrar unha das festas máis divertidas do ano. Uns preparativos que a mañá deste xoves, 12 de febreiro materializáronse no Gran Festival do Entroido da entidade inclusiva do Barbanza,...

+

O BNG pide que se cubran as prazas médicas en Ribeira

Este xoves celebrouse unha nova concentración da Plataforma pola Sanidade Pública do Barbanza no Centro de Saúde, unha mobilización que volve contar co apoio do BNG. Dende a agrupación sinalaron que "a poboación ribeirense segue sufrindo o deterioro do servizo de...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.